socorristas

Socorristas en Galicia: moitas praias e poucos profesionais

As praias galegas non están cubertas na súa totalidade con socorristas que atendan aos bañistas. Isto pode deber ben ás horas de formación que se esixían até hai pouco para acceder ao carné profesional ou ben a que os concellos non están obrigados a contratar este servizo a non ser que teñan bandeiras azuis nos seus areais. Por outra banda, está a estacionalidade da profesión que, nalgúns casos, pode compatibilizar coa de socorrista en espazo pecho durante o resto do ano. 

Suspendida a folga dos socorristas da Coruña: acordo entre a empresa e os traballadores
O comité de empresa do servizo de Salvamento e Socorrismo dos areais da Coruña comunicou a suspensión da folga tras un acordo coa empresa.
Socorristas salvan a un surfeiro na praia de Punta Penencia
Un surfeiro foi rescatado da auga na tarde deste martes na praia de Punta Penencia, no termo municipal de Ferrol, informou o 112 Galicia.
Unha bolsa para axudar aos concellos para cubrir a falta de socorristas aínda que hai máis titulados que prazas

A Fegamp e o Goberno galego recoñecen a "escaseza" de socorristas a pesar de que o número de titulados excede á oferta de prazas.

Piden regular lexislativamente a obrigación de ter socorristas nas praias

Destacan a problemática que está a supoñer nos últimos anos a falta de aspirantes para cubrir os postos de socorristas, entre outras razóns pola pouca duración do emprego ou polos salarios que se perciben.

Ciudadanos denuncia a falta de actuación nas praias por parte do concello de Ferrol

A portavoz de Ciudadanos, Ana Rodríguez Masafret, instou ao goberno municipal a realizar un "inventario de todos os materiais e recursos dispoñibles con repostos suficientes para poder recorrer a eles de forma áxil ante calquera imprevisto".

Sen socorristas na maioría de praias, segue habendo problemas en setembro

En Barreiros, varios particulares tiveron que rescatar da auga a un home que se estaba afogando.

Salvan en Samil a un bañista que sufriu un infarto na auga

Un socorrista viu o home en problemas e enviou a embarcación de salvamento. Está estabilizado no hospital.

A salvo os sete tripulantes dun barco que sufriu unha vía de auga preto de Cangas

Os socorristas da praia de Rodeira realizaron unha intervención de emerxencia. Só o patrón resultou ferido cun golpe na cara.

Un plan "único e integral" para acabar co caos do socorrismo nas praias

O PSdeG propón unificar unhas condicións laborais "decentes" en toda Galicia e os criterios para fixar o número de profesionais por areal.

A proba de mar dos socorristas de Ferrol non puntuará e todos os candidatos serán seleccionados

O alcalde anuncia que se anula a proba despois de que ningún dos aspirantes lograse completala no tempo mínimo establecido. 

Catro anos máis de marxe para regularizar os socorristas en Galicia

Tralos problemas para cubrir as necesidades das praias en 2016, a Xunta relaxa os requisitos para poder traballar.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE