Socorristas en Galicia: moitas praias e poucos profesionais

As praias galegas non están cubertas na súa totalidade con socorristas que atendan aos bañistas. Isto pode deber ben ás horas de formación que se esixían até hai pouco para acceder ao carné profesional ou ben a que os concellos non están obrigados a contratar este servizo a non ser que teñan bandeiras azuis nos seus areais. Por outra banda, está a estacionalidade da profesión que, nalgúns casos, pode compatibilizar coa de socorrista en espazo pecho durante o resto do ano. 


|

Archivo - Imagen de una socorrista en la playa en Alicante.
Arquivo - Imaxe dunha socorrista na praia en Alacante.

O #DOG do 16 de maio de 2023 apuntaba que Galicia contaba nese momento con 1.300 socorristas inscritos no Rexistro Profesional do Persoal de Socorrismo, Información e Primeiros Auxilios de Galicia. En 2012 a Xunta de Galicia, a través da Academia Galega de Seguridade Pública crea un decreto de formación de socorristas. As entidades formadoras deben adaptar ás esixencias que reclamaba o decreto para formar socorristas e que estes á súa vez puidesen posuír o carné profesional, sen el non poden exercer en Galicia. Por outra banda, os socorristas galegos sinalan a falta de empatía por parte de moitos bañistas ao facer caso omiso ás advertencias sobre perigos como correntes, rocas no fondo ou ondada forte. 


 

CONVENIO E SALARIOS

Desde 2012 a través do decreto mencionado créase un itinerario para formación de socorristas. A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FGSS), como entidade formadora acreditada pola Consellería de Traballo ou pola Academia Galega de Seguridade Pública, só pode dar formación ás persoas que teñen o carné expedido pola Academia de Seguridade, sen el non poden exercer en Galicia. 


 

Todo este proceso débese a que “había entidades que estaban a dar cursos por oito, nove ou dez horas, por iso créase unha uniformización para todas as entidades acreditadas” di Nuria Rodríguez da FGSS. “Creáronse certificados de profesionalidade con cursos de 420 horas para praia e 370 horas para piscina, pero con esta cantidade de horas non se ten un número suficiente de socorristas” di Rodríguez. 


 

En 2023 realízase un curso de 120 que non son certificados de profesionalidade pero que, nun intento de cubrir as prazas, redúcese o número de horas de formación. Aínda así, as dúbidas sobre si vanse a cubrir un número suficiente de socorristas nas praias galegas. 


 

Por outra banda, a presenza de socorristas é obrigatoria nas praias con bandeira azul. Os concellos que non posúen estes emblemas poden contratar servizos profesionais abrindo convocatorias públicas anuais. No entanto, algúns gobernos locais prefiren licitar este servizo abrindo a entrada a empresas privadas. Estas últimas operan baixo o Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios. O salario bruto sería de 1.465 euros en contratos privados, máis altos que os soldos públicos.


 

SER SOCORRISTA

“Para ser socorrista un debe saber ler os perigos de face a poder exercer a túa profesión, hai que saber ler os perigos para adiantar a eles” sinala Mauro Bernárdez. Isto implica o saber convencer á xente “para que non se lance desde zonas perigosas con rocas” ou avisar sobre o perigo das correntes.


 

Existe un perfil de usuario ou usuaria máis irresponsable? “Existe todo tipo de perfís, desde a persoa máis previda até aquela que sente que o sabe todo e non necesita apoio de ninguén” di Bernárdez. O último perfil é o que máis problemas causa á hora de actuar. A idade non é un factor determinante porque tanto nenos como maiores poden ser tan responsables como irresponsables. “Hai xente maior que en días moi sollíos e con moita calor, sobre todo entre as doce e o catro da tarde, métese na auga e sofre un choque térmico”.


 

Sobre a cobertura de espazos de baño, Bernárdez apunta que aínda que si falta persoal para cubrir praias “Galicia é unha das comunidades que máis fixo pola formación de profesionais no socorrismo”. Perfilouse un tipo de formación regrada que permita cumprir e atallar unha serie de esixencias dentro dos areais galegos.


 

Ao final, é necesario que se cubran todas as prazas en Galicia para ter unhas praias seguras para o baño. Na actualidade, ante a estacionalidade, os exames de licitacións públicas cada ano, moitas persoas non se deciden a entrar como socorrista. Soamente en áreas con bandeira azul ou con licitacións privadas poden ofrecer certo atractivo a quen desexe desenvolver esta profesión.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE