Sen socorristas na maioría de praias, segue habendo problemas en setembro

En Barreiros, varios particulares tiveron que rescatar da auga a un home que se estaba afogando.


|

PlayapasadasbarreirosPraia das Pasadas, en Barreiros. Foto: turismo.gal

Cos servizos de socorrismo desmontados co final de agosto no municipio máis turístico da Mariña, varias persoas tiveron que rescatar este martes a un home que se estaba afogando nunha praia de Barreiros.


Diso informou o 112, que apuntou que, tras o seu rescate, este home foi trasladado ao hospital da Costa, tras ser reanimado por persoal sanitario.


Os feitos ocorreron sobre as 13,00 horas no areal das Pasadas e, tras recibir a alerta, o 112 mobilizou ao 061 para levar a cabo o traslado deste home. Todo apunta a que sufriu algún problema cardíaco.


Pero, ademais, en Burela os socorristas evitaron outro susto. Pasado o mediodía, unha bañista era arrastrada pola corrente pegada ao espigón da praia da Marosa. Os efectivos lograron sacala sen danos, pese ao estado de ansiedade da muller.


PRAIA SEN SOCORRISTAS


E este mércores, un home de 70 anos faleceu ao sufrir unha parada cardiorrespiratoria cando se bañaba na Praia de Arnela, en Carballo.


Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 11,45 horas, momento no que o home foi rescatado da auga por outros bañistas que nese momento se atopaban no areal e que informaron os servizos de emerxencia do suceso.


Tras recibir o aviso, o 112 alertou ao servizo de Urxencias Sanitarias 061 que, ao chegar ao momento, só puideron confirmar o falecemento do home. Ademais, tamén interveu a Garda Civil e Protección Civil.


A pesar de que dita praia carece de servizo de socorrismo, o CIAE puxo en alerta aos profesionais de Baldaio, que tamén acudiron ao punto.


relacionada Galicia roza as 50 persoas afogadas no que vai de ano
relacionada Salvan en Samil a un bañista que sufriu un infarto na auga
relacionada Un plan "único e integral" para acabar co caos do socorrismo nas praias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE