A familia da moza de 37 anos de idade embarazada veciña de Carballo falecida a finais de marzo no Hospital Materno-Infantil da Coruña, xunto ao seu bebé, con COVID-19 tras practicárselle unha cesárea de emerxencia, segue á espera de recibir, tras solicitala formalmente, a historia clínica da muller para "ter respostas" sobre a súa morte.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou que aínda hai "unha marxe ampla de manobra" nos hospitais galegos, cunha media do 50 por cento de camas baleiras, polo que "neste momento é posible" non chegar a empregar os hospitais de campaña.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saíu ao paso despois da denuncia da CIG que acusaba o Goberno autonómico de despedir aos sanitarios infectados por coronavirus se estes tiñan contratos temporais, unha denuncia da que tamén se fixo eco Gómez-Reino.
Salvador Illa, á fronte do Ministerio de Sanidade, recoñece as dificultades para aplicar unha medida desa magnitude e a imposibilidade de dar acceso ás máscaras a toda a poboación. “O Goberno non vai esixir algo que non se poida cumprir”.
A asociación o Defensor do Paciente pediu á Fiscalía de Galicia que investigue a situación das residencias de maiores ante o elevado número de casos e falecidos con coronavirus nas últimas xornadas.
Hai rexistros de que durante a pandemia de gripe española de 1918, máis de 1.700 persoas recibiron transfusións de plasma, pero é difícil determinar cal foi o seu grao de efectividade. Iso si, parece evidente que non se trata dun descubrimento actual, senón dunha técnica clásica.
A historia de Verónica Fernández é a dunha nai nova, de 43 anos, que superou a enfermidade por coronavirus tras estar ingresada varias días no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde o persoal mantivo un trato "súper agradable".
A Escola Andaluza de Saúde Pública presentou un estudo onde reflicte que a galega é a segunda comunidade onde menos habitantes reflicten algún tipo de trastorno mental cun 10,3% da poboación, só superado por Estremadura, cun 8,6%. Mentres, no lado oposto sitúase Murcia, co 30,8% da súa poboación afectada dalgún tipo de trastorno mental.