Defensor da Paciente denuncia a Fiscalía as mortes por coronavirus nas residencias de anciáns

|

A asociación o Defensor do Paciente pediu á Fiscalía de Galicia que investigue a situación das residencias de maiores ante o elevado número de casos e falecidos con coronavirus nas últimas xornadas.


Terceira idade



Nun comunicado remitido aos medios, a entidade que preside Carmen Flores insta o Ministerio público a "depurar responsabilidades" en todos os casos nos que se produciron "irregularidades graves" cos anciáns.


A asociación censura que as residencias "nin contratan nin poñen os medios" necesarios para garantir cuestións como a intimidade ou a dignidade.


O Defensor do Paciente sinala que a súa petición de investigación á Fiscalía "está fundamentada" no artigo 262 da Lei de Axuizamento Criminal que apela a denunciar os delitos dos que tivesen coñecemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress