Expocoruña conta con 240 camas e podería estar operativo en 24 horas, aínda que por agora non será necesario o seu uso

O hospital de campaña da Coruña, cun total de 240 camas de hospitalización, podería estar operativo en 24 horas, segundo informou o xerente da área Sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde Remeseiro, na presentación da distribución feita no recinto feiral ExpoCoruña para o seu uso en caso de ser necesario.

|

O hospital de campaña da Coruña, cun total de 240 camas de hospitalización, podería estar operativo en 24 horas, segundo informou o xerente da área Sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde Remeseiro, na presentación da distribución feita no recinto feiral ExpoCoruña para o seu uso en caso de ser necesario.


Hospital de campaña da Coruña para atender casos de coronavirus



Así o expuxo nunha comparecencia ante os medios de comunicación, na que incidiu en que o "éxito" no traballo que se está facendo para afrontar a crise sanitaria polo COVID-19 será se estas instalacións non chegan "a ser utilizadas nunca por pacientes".

Respecto diso, lembrou que se dispoñen de "máis de 460 camas" no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para hospitalizar a pacientes co coronavirus. "E temos 106 postos de críticos específicos para pacientes COVID, case cuadriplica o número de postos que dispuxeramos inicialmente", lembrou.

Por outra banda, recalcou que agora están "nun 50% do uso deses postos de críticos". "E a estas camas e estes postos, hai que sumar os que están en centros privados da cidade, máis de 150 camas que se puxeron á nosa disposición", subliñou o xerente, quen lembrou que neles xa se está atendendo a pacientes con esta enfermidade. A estas camas, engadiu os "24 postos de críticos que teñen".

Por todo iso, insistiu en que, antes de utilizar o recinto ExpoCoruña, darase a uso aos recursos públicos e os privados. "Máis do 50% destes recursos están aínda dispoñibles", recalcou Luís Verde Remeseiro, que admitiu, con todo, que é "moito" o que se descoñece aínda desta enfermidade e a súa evolución.


UNIDADE DE HOSPITALIZACIÓN

"Cada día imos vendo cousas novas", engadiu, apelando a ser "extraordinariamente cautelosos". Neste contexto, situou a preparación do recinto de ExpoCoruña como hospital de campaña, uns labores que comezaron o pasado martes, segundo lembrou.

Neste sentido, dixo que se buscou "habilitar un espazo asistencial por se fose preciso". "O noso éxito estará en non utilizalo, pero temos que contar con el", insistiu. Sobre o deseño, explicou que corresponde ao dunha unidade de hospitalización, con oito unidades de 30 camas.

"Unhas 240 camas de hospitalización poderíanse utilizar con dignidade e calidade asistencial", resumiu, situando en 250 as persoas que sería necesario incorporar para a atención médica, e que o farían de forma progresiva, e cuns servizos xerais, como cociña, lavandería ou limpeza, que se prestarían desde o propio hospital.

Mentres, precisou que, antes de que ingresase no hospital coruñés o primeiro paciente con coronavirus, xa se tomaron medidas, con accións nas urxencias hospitalarias; circuítos separados na atención aos pacientes ou o uso de espazos liberados no hospital.

"Agora o 50% das camas dispoñibles para pacientes COVID están ocupadas, unha situación que permaneceu estable nos últimos días", apuntou. A iso, sumou as actuacións no ámbito da Atención Primaria, impulsando a atención vía telefónica ou telemática, unha medida estendida tamén para as consultas hospitalarias cando foi posible. A iso, sumou o traslado de "algunha" actividade quirúgica a hospitais como o Materno ou o Abente e Lago.

Por outra banda, incidiu en que levaron tamén "apoios e reforzos de equipos médicos e asistenciais" a residencias sociosanitarios. "Estamos testando aos pacientes que están nestas residencias, son nosa principal preocupación", expuxo.


CONCIBIDO COMO "UNHA CIUDAD"

Sobre o deseño do hospital de campaña, o arquitecto encargado do mesmo, José Manuel López Mihura, explicou que o edificio do recinto feiral conta "con múltiples acccesos a cota", un dos motivos polos que se elixiu, xunto co feito de dispoñer dun espazo central de 10.000 metros cadrados.

"O hospital de campaña está trazado como unha cidade", o que asegurou que lles facilita a instalación das distintas unidades necesarias ou os espazos para vestiarios, almacéns ou posibles ampliacións. Tamén destacou a existencia dunha entrada para a chegada das ambulancias con pacientes.

Pola súa banda, o director de Recursos Económicos da área Santiaria, Emilio Camiño, recalcou, como o xerente, en que o obxectivo é estender as unidades de hospitalización ao recinto feiral, de ser necesario.

Mentres, o subdirector de Procesos Asistenciais, Pedro Marcos, que será o responsable asistencial das instalacións en caso de usarse, coincidiu en que ExpoCoruña será "unha continuidade do hospital".

Respecto diso, precisou que, de utilizarse, buscaríase focalizar a atención en "pacientes que están a facer algún tipo de ingreso relativamente curto, ata que garantimos que a evolución clínica está a ser boa, ou outros en fase de recuperación de cadros máis graves" que se poidan trasladar ao recinto feiral.

A presentación realizada este luns o xerente aproveitouna tamén para agradecer Consellería de Industria, Concello e Deputación da Coruña a cesión destas instalacións. Tamén o fixo extensivo ás empresas e particulares que realizaron achegas. Por outra banda, agradeceu a todos a profesionais da área Sanitaria o seu "enorme esforzo e sacrificio".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE