Os datos do Servizo Galego de Saúde volven indicar que a situación no conxunto das áreas sanitarias empeora a pasos axigantados a medida que se van sucedendo as xornadas. Nesta ocasión a situación máis preocupante destápase na área sanitaria de Vigo, que en apenas unha semana sumou 295 novos casos ás súas cifras.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican, unha xornada máis, o retroceso no que se atopan inmersas case todas as áreas galegas en plena segunda onda do coronavirus. Con todo, o número de novos casos por área sanitaria non é especialmente alarmante salvo en Vigo, que suma 40 novos casos nas últimas 24 horas.
Bonaventura Clotet, presidente da Fundación de Loita contra a Sida e as Enfermidades Infecciosas (FLS), confirmou os casos de reinfección, unha das grandes incógnitas sobre a enfermidade que con estes catro novos positivos, sumados ás evidencias que rexistraron outros países, confirman a posibilidade de contraer a enfermidade varias veces.
Os brotes de coronavirus detectas en Galicia provocaron un importante salto nas áreas de Lugo, Ourense e Santiago de Compostela nas últimas horas. Sen ir máis lonxe, o de Monforte de Lemos pasou de oito casos confirmados onte aos 28 actuais. O SERGAS responde as cuestións de Galiciapress sobre a realización dos PCR, que van da man dos brotes, xa que o número de probas aumentou nas últimas horas despois de dous días consecutivos de descenso. Con todo, os cribados como o practicado en Melide, que ten como obxectivo testear a preto dun milleiro de “sospeitosos” beneficiaron a subida no número de probas.
O 8 de maio son citado para consulta en Oncoloxía do Meixoeiro, na mesma indícalleme que teño que realizar de novo o TAC de simulación e que o tratamento será en dúas fases para tratar na afeccións primeira a zona da próstata e na segunda as afeccións metastáticas.
Desde Investigal denuncian as desigualdades ás que se enfrontan as investigadoras postdoutorais que fixeron visible a súa reclamación ante o Goberno de Galicia, unha situación agravada pola actual crise sanitaria.
A crise sanitaria global que estamos a experimentar puxo en evidencia o papel transcendental que pode desempeñar a tecnoloxía para frear unha pandemia, desde o control da expansión da enfermidade e o seu rápido diagnóstico, á investigación en novos fármacos eficaces contra o virus.
Os sindicatos CESM Galicia, CO-BAS e PROSAGAP reclaman á traballadores da área sanitaria para un encontro no que esixirán a dimisión da xerencia do CHUP.
Como funciona o coronavirs e que complicacións produce ás persoas que padecen a enfermidade son algúns dos enigmas que busca responder este estudo da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, Pneumoloxía e Ciruxía Torácica (SOGAPAR).
“A Atención Primaria vai cobrar unha importancia absoluta durante a desescalada”. Así o declarou Pedro Sánchez na súa última comparecencia e así o levan reafirmando os profesionais da sanidade pública desde hai semanas, á vez que advirten que os recortes que levan sufrindo durante anos deixaron a este servizo nunha situación moi delicada a pesar de ser a primeira liña de batalla ante o coronavirus.
Desde o complexo hospitalario herculino, que pertence ao área sanitaria galega máis castigada polo coronavirus, promoven o uso da máscara na desescalada.
A Asociación Galega de Medicina Familias e Comunitaria (AGAMFEC) propón unha “táboa de exercicios respiratorios” para axudar ás persoas convalecentes do coronavirus. O fin dos exercicios é “manter sans os nosos pulmóns e facerlle fronte ao coronavirus ben preparados”.
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) asegurado que avaliou "á inmensa maioría" do persoal que usou as máscaras retiradas do fabricante Garry Galaxy porque presentaban un defecto e incidiu en que "quen ten que estar illado neste momento sábeo".