A emisora pública, que onte sufriu un corte de emisión, vive tempos convulsos. Días antes da folga convocada polos traballadores para defender o servizo público, analizamos os seus orzamentos e, en concreto, o aumento dos programas encargados a empresas privadas. Cada ano, a Xunta gasta uns 100 millóns de euros e as perdas roldan os 90.