Un de cada catro euros da TVG vai para produtoras externas

A emisora pública, que onte sufriu un corte de emisión, vive tempos convulsos. Días antes da folga convocada polos traballadores para defender o servizo público, analizamos os seus orzamentos e, en concreto, o aumento dos programas encargados a empresas privadas. Cada ano, a Xunta gasta uns 100 millóns de euros e as perdas roldan os 90.


|

A emisora pública, que onte sufriu un polémico corte de emisión, vive tempos convulsos. Días antes de a folga convocada polos traballadores para defender o servizo público, analizamos os seus orzamentos e, en concreto, o aumento dos programas encargados a empresas privadas. Cada ano, a Xunta gasta uns 100 millóns de euros e as perdas roldan os 90.


A televisión pública apostou nos últimos anos pola produción externa, que na actualidade asume a maior parte da programación da cadea á marxe dos informativos.



Buscadores de naufraxios

Buscadores de Naufraxios, unha das últimas producións de Voz Audiovisual para TVG


Os orzamentos anunciados polo director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, situados en 109,2 millóns, supoñen un incremento dun 2,1% con respecto aos orzamentos do ano pasado, achegando a Xunta case todo (101 millóns). 


UN DE CADA CATRO EUROS ACABA EN PRODUTORAS PRIVADAS

Estas contas, moi criticadas por todos os partidos da oposición, revelan que o investimento en produción externa do medio ascende ata os 25,6 millóns, levándose así case un 25% da partida orzamentaria.


Segundo fontes dos traballadores, nos últimos anos, a produción propia viuse drasticamente reducida, sendo as produtoras externas á CRTVG as que se asumen a maioría dos programas que non sexan os informativos. Nalgúns casos, con notable éxito de audiencia, caso de Land Rober (CTV) ou Matalobos (Voz Audiovisual).


Como a popular serie 'Matalobos', unha boa parte da programación externa da TVG está realizada por produtoras vinculadas aos grupos de prensa galegos. Por exemplo, nestes anos Voz Audiovisual realizou para a emisora pública, entre outros, Son de Estrelas, A Fin do Camiño, Pai Casares, Chapa e Pintura, Terra de Miranda, Buscadores de Naufraxios, Facendo o Camiño, Luz Verde e unha ducia máis.


Esta aposta pola produción externa foi en detrimento de os medios propios e dos traballadores da TVG.  Precisamente, a "recuperación da produción interna" é unha das reivindicacións da inminente  folga dos traballadores e dos seus protestas de cada venres cos #venresennegro.



Venres negro tvg

Protesta do traballadores un dos #venresennegro


Canto se gasta a CRTVG nos encargos a cada produtora privada? Non é posible sabelo, pois a Compañía nunca o revela e, a diferenza do resto do sector público, estas adxudicacións non se publican en Plataforma de Contratos da Xunta. 


PROMESAS DE MÁIS PROGRAMAS PROPIOS

Tras a primeira xornada de negociacións para evitar a folga prevista a partir do día 20 de novembro, o Comité de Empresa publicou unha circular para informar os asalariados na que di, refiriendose á produción propia, que "a empresa asegura que a nova plataforma dixital vai permitir incrementala, pero pide paciencia".


Nesa referencia, o Comité explica que a TVG presume de que agora, co PP, hai máis produción propia que en tempos do bipartito, argumentando que a metade dos minutos de emisión están cubertos por contidos da casa. Sobre a posibilidade de aumentar os programas propios, a dirección advirte tentarano para 2019 pero sempre "coa limitación da viabilidade económica".


O IMPACTO DO STREAMING

Unha viabilidade económica que está lastrada pola sangría publicitaria. Mentres que os orzamentos seguen aumentando ano a ano, aleitados con fondos de la Xunta, os ingresos propios publicitarios foron descendendo paulatinamente nos últimos anos. Na actualidade, as previsións polos ingresos de publicidade son duns 8 millóns de euros, cando o ano pasado superaban os 8’5 millóns. Unha rémora que non é un mal exclusivo da TVG, pois todas as televisións sofren as consecuencias dunhas audiencias cada vez máis fragmentadas ante a popularización de servizos de streaming como Netflix ou Youtube.


Así, o último estudo da Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas (FORTA) indica que os ingresos das cadeas públicas caerib máis dun 25% de 2010 a 2016. 


Isto tamén se nota  as arcas da TVG, que o último curso pechou cun déficit de 93,5 millóns de euros. Xa en 2016 o déficit foi de 95,9 millóns, polo que nos últimos dous anos a cifra ascende 189,4 millóns, á espera de saber as cifras de 2018. As galega a cuarta cadea autonómica con maior orzamento, superada por TV3, Canle Sur e EiTB. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE