PPdeG

Feijóo descansará en Semana Santa mentres os outros partidos farán campaña
O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, será o único líder dos grandes partidos galegos que non participará en actos de campaña durante a ponte de Semana Santa, entre o Xoves Santo e o domingo.
Prisión para o empresario que veraneaba con Rajoy detido en trama de prostitución, que puido explotar menores

É posible que haxa menores entre as vítimas da trama de tráfico de mulleres que financiaba presuntamente Miramontes (ex-líder de Xóvenes Agricultores e acompañante de Rajoy nas súas vacacións en Sanxenxo). Feijóo desvincula as subvencións que recibiu Xóvenes do escándalo.

Feijóo "moi satisfeito" coa oferta de Casado de fichalo para o Goberno de España
O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu este xoves os "eloxios" do presidente nacional do PP, Pablo Casado, quen este domingo, nun acto de partido en Vigo, suxeriulle líder autonómico que podería ser "o que queira, cando queira e como queira" se el goberna España.
Estes son todos os candidatos en Galicia para as eleccións xerais do #28A


Cidadáns e Vox logran por vez primeira presentar listas ao Congreso e ao Senado nas catro provincias galegas, o que pode contribuír a unha relevante fragmentación do voto da dereita. Algo que tamén pode suceder na esquerda rupturista, pois tanto En Marea como En Común tamén competirán nas catro circunscricións e nas dúas cámaras. 

Deputadas do PP galego secundan paro feminista afastándose do rumbo de Pablo Casado

Nova mostra de que as direccións políticas do PP de Galicia e do PP de Pablo Casado non coinciden. Mentres a nivel estatal, os conservadores móstranse abertamente críticos coa manifestación feminista de Madrid por fomentar o "enfrontamento entre homes e mulleres " e evitan apoiar a folga, as súas deputadas no Parlamento de Galicia secundaron o paro deste #8M, polo menos durante esta mañá.

Feijóo celebra 10 anos no poder promocionando imaxe de bo xestor e coa ausencia de Casado


Nun luxoso hotel de catro estrelas e rodeado dun centenar de cargos. A posta en longo do 10º aniversario do feijooísmo dista nas formas, e moito, dos tempos das romarías do fraguismo. O máis comentado do aniversario foron a ausencia da directiva española e de Rajoy, aínda que Casado -que aterra mañá en Galicia- desfíxose en loubanzas desde a distancia, e a sorprendente presenza de Javier Guerra, o-exconselleiro e empresario que en teoría estaba a piques de fichar por Cidadáns. 

En Galicia, a enquisa do CIS pon ao PSOE moi preto do PP e a PACMA diante de Vox

O presidente de la Xunta desacreditou con afán a última enquisa do CIS. Alberto Nuñez Feijóo insistiu onte que a enquisa pública está tan desprestixiada que unicamente vale como material de faladoiro. Algo curioso, pois o certo é que esta onda non estan desfavorable para o PPdeG como outras previas.

O PPdeG responde a Crespo: "Leva máis de 20 anos sen ter un só dato do PP de Galicia"

Pedro Puy resta importancia ás declaracións do exsecretario de Organización dos populares galegos. Pola súa banda, En Marea apunta a Romay, con Feijóo de "alumno avantaxado", e sinala que "ninguén desmentiu a Crespo" nin que "siga vixente" o financiamento en 'B'

Rafael Domínguez retirará a declaración de "persoa non grata" a Rajoy se chega á alcaldía


O candidato ao concello pontevedrés ha anunciado a medida durante a resentación da súa candidatura.

Unidade política en defensa de Alcoa

PP, En Marea, PSdeG, BNG, Podemos e Marea Atlántica mostraron o seu apoio aos traballadores da empresa de aluminio. A manifestación contou cunha presenza multitudinaria para loitar contra o ERE anunciado por Alcoa. 

​Enquisas, resultados electorais e democracia

Serven realmente para algo as enquisas electorais?. As respostas a esta pregunta poden ser tan dispares e diferentes como distintos/pódenas ser os/as opinadores/as. Con todo, a crecente proliferación das mesmas –non hai medio que se prece que non saque as súas propias enquisas- leva a pensar que teñen algunha utilidade. Por caso non cabe negar a evidencia de que mentres algunhas empresas demoscópicas buscan recoller o estado de opinión da maioría cidadá, outras ao contrario tentan de influír nese estado de opinión con motivo de orientar o voto ata unha forza política determinada. Unha proba témola na contundencia dos datos que confirman como son abundantes os casos en que os resultados finais obtidos por algunhas forzas políticas quedan moi lonxe do que lle vaticinaban os sondeosprevios. En España, por caso, esta situación ven repetindo con PODEMOS –as sondaxes solen adxudicarlle resultados bastante peores que os que acaba obtendo- e CIDADÁNS –as sondaxes sulen darlle resultados moito mellores que os que acaba conseguindo-. Mais adiante veremos como os casos de disparidade entre sondaxes e resultados tamén se repiten en Galicia co PARTIDO POPULAR e os partidos de esquerda –EN MAREA, PSOE e BNG-.

O PPdeG homenaxea a Gerardo Fernández Albor no 101 aniversario do seu nacemento

O que foi o primeiro presidente galego elixido nas urnas, Gerardo Fernández Albor, faleceu o pasado 12 de xullo aos 100 anos de idade

O 23 de xullo a Catedral acollerá o funeral institucional de Fernández Albor

Ademais, o 7 de setembro, coincidindo coa data na que cumpriría 101 anos, o Partido Popular de Galicia honrará ao que foi o primeiro presidente autonómico


Discípulo o galeguismo de Ramón Piñeiro e primeiro presidente da Xunta: así foi Fernández Albor

Gerardo Fernández Albor morreu este xoves 12 de xullo aos 100 anos en Santiago de Compostela. O político conservador, que se definiu como "vello galeguista" e "vello demócrata"  foi o primeiro mandatario da autonomía galega.

Máis do 40% dos do PPdeG que hoxe votan nas primarias ten un cargo público

Os galegos votan maioritariamente ao PPdeG. Para as súas primarias só se apuntou a votar o 4,5% dos militantes. O resultado de combinar estes dous ingredientes é que hoxe nas primarias do PP, case a metade dos electores galegos ten algunha responsabilidade remunerada dalgún modo no sector público. O seu líder, Alberto Nuñez Feijóo segue sen mollarse.

Pedro Puy desvincúlase do nomeamento "a dedo" da súa irmá pola Valedora do Pobo
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, desvinculouse do nomeamento do Valedor do Pobo, anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), "a unha das súas irmás", M. Puy Fraga, e recomendou a titular da institución, Milagres Otero, que dea explicacións na Cámara galega.
Que partido ten máis militantes en Galicia? Estas son as cifras oficiais

As primarias do PP destruíron un mito. No partido que presume de parecerse máis a Galicia e de ter máis de 101.000 afiliados apuntáronse para votar só 4.222 persoas. Sorprende, e moito, que o enorme poder que acumulan os partidos políticos dependa, en última instancia, dunha cantidade tan pequena de afiliados. Ademais, se no PPdeG -a formación con máis poder real en Galicia- só están interesados en participar 4.222 persoas, cal será o nivel real de participación nos outros partidos? Tenden a militar máis os galegos de esquerda, a pesar de ser derrotados en todas as eleccións autonómicas?

Piden a dimisión da Valedora por "abuso de poder" tras unha sentenza do TSXG

O Valedor do Pobo emitiu un comunicado no que defende que a actuación da institución. Pola súa banda, En Marea e o Partido Socialista esixen a dimisión de Milagros Otero, que, segundo a sentenza do TSXG, cometeu "abuso de poder" e "arbitrariedade" ao designar á irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga

Rafael Domínguez asume o mando do PP de Pontevedra rodeado de altos cargos do partido
Médico e concelleiro, relevará a Moreira nun congreso ao que prevén acudir Ana Pastor, Feijóo e Rueda
Ciudadanos sobre Feijóo: "O compromiso xa era Galicia fai quince días"

En conversación con Galiciapress, a portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, fixo unha valoración sobre a decisión de Núñez Feijóo de non presentar a súa candidatura para presidir o Partido Popular estatal e da "crise engadida" na formación pola sentenza da Gürtel


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE