PP

O tripartito de Sanxenxo rompe para dar a alcaldía a Telmo Martín

O ata agora alcalde, Gonzalo Pita, formaliza a renuncia no medio das protestas de ducias de veciños.

De Guindos envía ao "pasado" os escándalos de corrupción de dirixentes do PP

O ministro responde á reprimenda que deu onte Bruxelas defendendo que "hoxe sería imposible que volvesen darse".

O BNG denuncia un "pelotazo" do PP en Sanxenxo e pregunta a Feijóo se o "apadriñará"

"Telmo Martín representa o modelo urbanístico do PP", asegura Pontón, quen reclama que os implicados "entren en razón". 

O PP pon en marcha este luns controis internos para detectar corruptos

Será o propio Rajoy o que nomee os membros dese órgano, que non poden ter ningún cargo público ou orgánico dentro do partido.

A UCO apunta que o PP camuflou diñeiro público na campaña de Rajoy

Un informe do sumario da trama Púnica relaciona subvencións concedidas a Fundescam con gastos electorais das xerais de 2008.

A Garda Civil implica a Cifuentes no financiamento irregular do PP de Madrid

Establece un nexo delituoso entre as doazóns do empresario Arturo Fernández ao PP de Madrid e que se adxudicase a cafetería da Asemblea. 

Desembarco de políticos nacionais este venres en Galicia

Pablo Casado reúnese con dirixentes locais do PP en varias cidades e Pedro Sánchez chega a Vigo na súa campaña das primarias.

O único candidato a liderar o PP de Lugo aposta por integrar correntes

Ramón Carballo coloca en postos destacados da súa candidatura a cargos que apoiaron a distintos nomes nos últimos anos.

O ex alcalde do Porriño dimite como edil tras a apertura de xuízo oral contra el

Nelson Santos tamén pediu a súa baixa do PP | A fiscalía solicita 10 anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación

O PP prefire enfrontarse nunhas eleccións a un PSOE liderado por Sánchez

Cren que Rajoy gañaría os votantes máis centristas, aínda que a curto prazo lles interese o "sentido de Estado" de Susana Díaz.

Javier Dorado: "O goberno de Vigo instalouse nas cloacas"

O PP volve pedir "explicacións" pola apertura de xuízo contra un funcionario polo suposto enchufe dunha cuñada de Carmela Silva.

Ana Pontón agarda que a "corrupción do PP" non "salpique a Galicia"

Reprocha a Feijóo o seu silencio sobre "o papel da Xunta no intento de venda ilegal de Villar Mir", investigado por corrupción.

Pablo Iglesias, a moción de censura e o PSOE

O que está a buscar o líder de Podemos é sinxelamente desestabilizar ao PSOE, que se atopa en plena campaña de primarias, con enfrontamentos máis que evidentes entre algúns dos candidatos e non se atopa nos seus mellores momentos.

Feijóo, sobre a dimisión de Aguirre: "Fixo o correcto"

O presidente da Xunta destaca sobre a ex concelleira que "sen estar procesada en ningún sumario actuou con coherencia"

Leiceaga pide paz entre Carmen Santos e o PP para devolver a normalidade ao Parlamento

"Debemos manter o grupo parlamentario á marxe da competencia que exista entre diferentes persoas no partido", defende sobre as primarias socialistas.

Pablo Iglesias: "Todo o PP é unha charca chea de ras"

"Algúns din que coa dimisión de Esperanza Aguirre se solucionaría todo e é mentira", di o líder de Podemos

O BNG dáse un ano de prazo para decidir os seus candidatos ás municipais de 2019

Pontón di sobre Feijóo que é unha "marioneta de Rajoy" e sobre o PP, que se trata dunha "árbore podrecida", en alusión á corrupción.

Tellado cre que Santos "utiliza a violencia machista para sacar tallada política"

O PPdeG ve "ridículo" que a deputada de En Marea pida amparo ao Parlamento e lamenta a súa "mandíbula de cristal" ante "simples críticas". 

Escribano pide ao xuíz decano a suspensión cautelar do congreso do PP coruñés


Insiste na súa denuncia de supostas irregularidades en cuestións como quen poderán exercer o voto.


O PP mantén a súa cruzada contra Carmen Santos no Parlamento

Non a recoñecen como "interlocutora política válida", mentres a deputada pedirá amparo á Presidencia ante o que considera "violencia institucional".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE