O PP de Vigo mantén viva a polémica do pleno da Deputación

Critican que "a dupla Abel Caballero-Carmela Silva confunden as institucións públicas coa sede do seu partido".


|

Javierdoradovigo


O PP de Vigo criticou este luns a "absoluta falta de transparencia" e o "escurantismo" da "dupla Abel Caballero-Carmela Silva", por negarse a "dar explicacións" sobre os procesos xudiciais que lles afectan (a eles ou á súa contorna), e por ver as institucións "como o seu casarío".


Así o manifestou o secretario xeral do partido na cidade olívica, Javier Dorado, quen denunciou que, a pasada semana "por primeira vez prohibiuse na Deputación presentar unha moción" do PP dirixida a reclamar explicacións á presidenta do organismo provincial e edil viguesa, Carmela Silva, sobre a causa na que se piden oito anos de cárcere para un funcionario que supostamente 'enchufou' a súa cuñada.


Ademais, incidiu, no pleno municipal vigués do pasado mércores, "vetouse a petición do grupo 'popular' de que comparecese Silva". "En tres días, dous vetos e cero explicacións", subliñou Dorado, quen indicou que a actitude de Silva, e tamén a do alcalde, "que só estivo o primeiros quince minutos do pleno", denotan unha "falta de respecto ás institucións".


Segundo indicou o secretario xeral do PP de Vigo, "o PSOE móvese con total impunidade" e "ve as institucións como o seu casarío". "Non nos queda máis que pensar que a dupla Caballero-Silva confunden as institucións públicas coa sede do seu partido", sentenciou.


Por outra banda, Javier Dorado lembrou tamén que existe unha sentenza que condena a 7 anos de inhabilitación ao alcalde pedáneo de Bembrive, o socialista Roberto Ballestero.


"Pero segue exercendo coma se non pasase nada", criticou, e proclamou que o PP seguirá "denunciando" estes casos, e "non deixará pasar os atropelos do PSOE" nin que "se mova á marxe da lei".

relacionada Pleno bronco na Deputación de Pontevedra con acusacións de "censura"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE