"O pouco que o galego existe no audiovisual sería nada de non existir a RTVG", expón o presidente da Mesa, Marcos Maceira
Galiciapress asiste á presentación das traballadoras e traballadores da CRTVG e a CRTVE, que saen á rúa o 8 de setembro para esixir uns medios públicos e de calidade, en contra da manipulación informativa e a represión dunha dirección que ignora as demandas do persoal e "nega a realidade"
O comité intercentros da CRTVG documentou "perfectamente exemplos de manipulación" como a sentenza do caso 'Gürtel' ou a mobilización en contra da mina de Touro
Fano logo de que un xornalista do medio público revelara que unha información súa emitida no informativo Galicia Noticias foi modificada a favor da Xunta.