josé tomé

José Tomé: "Onde está o plan industrial alternativo da Xunta para Ferrolterra, para As Pontes, e que incida na Mariña de Lugo e en Terra Chá?"

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, afeou este martes á Xunta de Galicia que "non" teña "política industrial" coa que facer fronte ás crises das plantas de Alcoa e Endesa. "Onde está o plan industrial alternativo da Xunta para Ferrolterra, para As Pontes, e que incida na Mariña de Lugo e en Terra Chá?", preguntouse.

Tomé: ​“Os cidadáns volverán apoiar ao PSOE porque é o mellor colocado para gobernar dende o centro”

Os socialistas non deben preocuparse pola repetición das eleccións dado que os cidadáns vanlle pasar factura aos que bloquearon a Pedro Sánchez, argumenta nesta entrevista con Galiciapress o presidente da Deputación de Lugo. José Tomé Roca abre una nova etapa nesta institución, lastrada na pasada lexislatura polos conflitos internos socialistas, que o novo mandatario cre pechados. A disolución de Suplusa e os plans de revitalización do rural son outros puntos desta conversación, que tamén trata o gran incendio que arrasou 465 hectáreas en Monforte, municipio que goberna dende 2015.

Así é a repartición de competencias na nova Deputación de Lugo, con Tomé á fronte de obras
O presidente provincial di que o novo equipo de goberno aspira a "ser o máis util posible" para Lugo
Transparencia e defender o público, prioridades nos "novos tempos" na Deputación de Lugo
O alcalde de Monforte, o socialista José Tomei, foi investido presidente da Deputación de Lugo co respaldo dos representantes do seu grupo e os tres deputados do BNG. "Abrimos unha nova etapa", sinalou.
Acordo final de PSdeG e BNG para cogobernar Deputación de Lugo

Os nacionalistas terán a única vicepresidencia do goberno liderado polo alcalde de Monforte José Tomé PSOE e BNG asinaron na tarde deste mércores, na véspera de que se celebre o pleno de constitución da Deputación de Lugo, un acordo para un goberno de coalición na institución provincial, que inclúe a presidencia socialista e unha vicepresidencia única para o BNG. No documento establécese, ademais, unha repartición de competencias de Goberno entre ambos os grupos.

O alcalde de Monforte será o próximo presidente da Deputación de Lugo, salvo sorpresa de última hora
O partido xudicial de Lugo terá finalmente como deputada á secretaria local do PSOE lugués, Ana González Abelleira
Darío Campos "respectará" a elección de Ferraz para a presidencia da Deputación

O alcalde socialista da Pontenova considera que o principal é terminar coa incerteza e asegura que, pola súa banda, el non será "un problema" para o Partido Socialista.

O alcalde de Monforte, preparado para presidir a Deputación de Lugo

José Tomé Roca Tomé, que se postulou para presidir a institución provincial do mesmo xeito que Darío Campos, destacou que nestes momentos está "centrado" na toma de posesión como rexedor que terá lugar o vindeiro sábado e despois de ser reelixido con maioría absoluta.Así mesmo, tras remitirse ao comunicado remitido hai unha semana aos medios no que mostraba a súa "disposición" de presidir a institución provincial, asegurou que tal "disposición" vai na liña de "que si consideran oportuno cando decidan que persoa representa ao PSOE polo sur e pola comarca de Lemos que saiban de" a súa "dispoñibilidade".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE