Transparencia e defender o público, prioridades nos "novos tempos" na Deputación de Lugo

O alcalde de Monforte, o socialista José Tomei, foi investido presidente da Deputación de Lugo co respaldo dos representantes do seu grupo e os tres deputados do BNG. "Abrimos unha nova etapa", sinalou.

|

Posta de longo de José Tomé  como novo presidente provincial. O socialista pon énfase no rigor e a transparencia mentres os seus socios do BNG destacan a necesidade de defender os servizos públicos.


O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, foi investido presidente da Deputación de Lugo co respaldo dos representantes do seu grupo e os tres deputados do BNG. "Abrimos unha nova etapa", sinalou.


O socialista José Tomei, elixido novo presidente da Deputación de Lugo, pousa xunto aos deputados provinciais


A PLANA MAIOR DO PSDEG PRÉSTALLE O seu APOIO

A sesión arrincou pasadas as 12,00 horas no salón de plenos do Pazo de San Marcos, ao que acudiron os anteriores presidentes desta institución, Darío Campos e José Ramón Gómez Besteiro. Ademais, tamén asistiron o delegado do goberno, Javier Losada; o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outras autoridades.

Despois de socialistas e nacionalistas selasen na xornada do mércores un acordo de goberno para esta institución que inclúe unha vicepresidencia para a nacionalista Maite Ferreiro, a suma dos dez deputados do PSOE e os tres do Bloque elevou á presidencia para Tomé. Pola súa banda, os doce deputados populares votaron polo seu portavoz, Elena Candia.

DEMOGRAFÍA E ENVELLECEMENTO
Nun discurso de apenas dez minutos, o novo presidente comprometeuse a combater a "caída demográfica e o envellecemento da poboación".

Á súa vez, destacou que "deputación vai ser o concello dos concellos" de forma que buscará "ser útil a todos e a todas as lucenses". Para iso, pediu "a colaboración e a complicidade de todos; de grupos políticos, sindicatos, empresarios e tamén o tecido asociativo".

Tamén puxo en valor a "obrigación de dignificar a vida política" antepoñendo "honestidade, transparencia, diálogo e rigor" en todas as actuacións que leve a cabo.

"Abrimos unha nova etapa", sinalaba Tomé querendo afastarse da herdanza do convulsos catro anos da lexislatura recentemente concluída, cos vaivéns de Manuel Martínez que lle valeron a expulsión do grupo provincial socialista.

"ILUSIONADO" CO PACTO CO BLOQUE
Antes do pleno, o alcalde de Monforte confesábase "moi ilusionado" para "levar a cabo o programa" acordado entre BNG e PSOE e avanzou que o pleno de organización poderase celebrar o próximo día 30 de xullo.

"Tiñamos a obrigación o partido socialista e o BNG de chegar un acordo para dar resposta ao que dixeron os cidadáns o 26 de maio, que era formar un goberno de progreso e de esquerdas para impulsar políticas que beneficien aos concellos e aos cidadáns", esgrimía.

O BNG PON ÉNFASE NA DEFENSA DO PÚBLICO
A deputada nacionalista, Maite Ferreiro, que se converterá en vicepresidenta, avogaba por "un goberno estable, un goberno que prime sobre todo a atención e a defensa dos servizos públicos". "Queremos un goberno transparente e que a institución preste unha atención á defensa da igualdade", avanzou Ferreiro, que pediu "non esquecer" a necesidade dun adelgazamento das institucións, da deputación".

CRÍTICAS DO PP
Pola súa banda, a portavoz do PP, Elena Candia, afeou que se elixa ao presidente que obtivo "menos respaldo" desde 2007 e afeoulle que non entrase "das mellores formas" en referencia á súa disputa co seu predecesor Darío Campos.

A sesión arrincaba ás doce do mediodía, presidindo a mesa como o máis maior o ex alcalde de Vilalba, o popular Agustín Baamonde, e como a máis nova, a alcaldesa de Trabada a socialista Mayra García.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE