O resto de clubs aceptárono -a crise económica obrígalles, sen ver máis aló dos seus narices-, pero o tema non queda así, se non que se iniciou unha dura batalla que vai terminar nos tribunais e con consecuencias nada agradables para Tebas, que se creu o dono e señor da liga, cando en realidade é un “empregado” ao servizo dos clubs - que percibe un salario de máis de dous millóns de euros ao ano-.
En Telefónica calculan que é imposible rendibilizar a retransmisión da competición por un custo tan alto, polo que piden unha mellor oferta a Tebas. Doutra banda, o presidente da liga de fútbol profesional presiona afirmando que está a negociar a compra por Amazon.
O político galego non desmentiu hoxe as informacións que o sitúan como candidato do sector enfrontado a Luís Rubiales. "Vin a falar do meu libro" dixo esta mañá en Barcelona nunha presentación. O ex-presidente do PP de Pontevedra e hoxe líder da Federación Galega, Rafael Louzán, podería ser un dos seus grandes aliados.
O primeiro dos duelos entre Dépor e Celta desta tempada coincide nunha xornada que se xoga entre semana.
A patronal dos clubs de fútbol acudirá como acusación particular na causa contra a presunta trama corrupta.