Amazon podería emitir LaLiga, filtra Tebas para tentar que non explote a burbulla do fútbol
En Telefónica calculan que é imposible rendibilizar a retransmisión da competición por un custo tan alto, polo que piden unha mellor oferta a Tebas. Doutra banda, o presidente da liga de fútbol profesional presiona afirmando que está a negociar a compra por Amazon.
A galiña dos ovos de ouro, os dereitos de televisión, pode estar a chegar ao seu fin ante a súa depreciación debido á fragmentación de audiencias. Por agora non hai ninguén disposto a pagar o que pide LaLiga.
Tebas, o polémico dirixente do fútbol profesional español, nunha imaxe de EP
A burbulla do negocio do fútbol inchouse ano tras ano e, actualmente, está a piques de explotar. O contrato para retransmitir LaLiga acaba na tempada 22-23 e, polo momento, non hai ningunha compañía que estea disposta a pagar o que pide Javier Tebas, o presidente da liga de Fútbol Profesional: 1.070 millóns de euros por tempada.
En Telefónica calculan que é imposible rendibilizar a retransmisión da competición por un custo tan alto, polo que piden unha mellor oferta a Tebas. Doutra banda, o presidente da liga de fútbol profesional presiona afirmando que está a negociar a compra por Amazon.
En Reino Unido, Amazon comprou os dereitos dalgúns partidos da Premiere, mentres que en Francia a compañía liderada por Jeff Bezos levouse a competición a prezo de ganga aproveitando a caída dun patrocinador.
Este é o obxectivo de Tebas: partir LaLiga para sacar máis rendibilidade. E polo tanto, acabar co proxecto da Superliga capitaneada por Florentino Pérez, que deixaría á competición nacional tocada de morte.
Escribe o teu comentario