Rajoy podería presentarse a candidato a presidir a Federación Español de Fútbol
O político galego non desmentiu hoxe as informacións que o sitúan como candidato do sector enfrontado a Luís Rubiales. "Vin a falar do meu libro" dixo esta mañá en Barcelona nunha presentación. O ex-presidente do PP de Pontevedra e hoxe líder da Federación Galega, Rafael Louzán, podería ser un dos seus grandes aliados.

Feijóo, Rajoy e Louzán nun pasado acto na Deputación de Pontevedra
O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, podería ser candidato á presidencia da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Faríao se finalmente Iker Casillas non se decidise a dar o paso e enfrontarse a Javier Tebas, como adiantabamos o 16 de xaneiro
Polo momento o exportero do Real Madrid –agora no O Porto- está a avaliar as súas posibilidades fronte ao presidente de LaLiga.
Se finalmente non dese o paso, Rajoy non o vería con malos ollos. E mesmo se presentaría aínda que non contase cos apoios suficientes para saír elixido.
Aínda que o expresidente do Goberno conta con moitos contactos no fútbol, como nas Federacións Territoriais, como o presidente da Federación de Galicia, Rafael Louzán, amigo próximo de Rajoy.
Escribe o teu comentario