Tebas xa calcula a data do derbi en Riazor
O primeiro dos duelos entre Dépor e Celta desta tempada coincide nunha xornada que se xoga entre semana.
A xornada 17 de Liga está marcada en vermello no calendario de Dépor e Celta. O primeiro derbi da tempada coincide xusto antes de Nadal e nunha xornada que se xoga, en principio entre semana.
Pero consciente da repercusión do choque e do interese que pode suscitar na diáspora, a través de televisión, Javier Tebas baralla opcións de día e hora para situalo.
Nunha entrevista na Radio Galega, o presidente da liga adiantou que, a falta de varias semanas para que se faga oficial, o partido pode xogarse o venres 22 ou o sábado 23.
"Non descarto que poida ser en fin de semana, pode ser. Imos valoralo e estudalo ben. Se cadra esas datas son moi especiais, un venres tarde, entre oito e oito e media pode ser boa idea xa que empezan as vacacaciones de Nadal. É un horario moi bo para ese derbi. Non o descarto, así como tampouco descarto o sábado, para que o vexan en Arxentina e en moitos outros sitios", declarou Tebas.
Escribe o teu comentario