incendios

Incendios en Galicia baixo control, oito en Ourense e un de Lugo

Neste tempo, extinguíronse tres grandes lumes que arrasaron miles de hectáreas en Ourense.

Atrifoga demanda ampliar a doce meses o traballo dos fixos-discontinuos que están a nove

A asociación reclama cambios importantes nas condicións laborais dos traballadores forestais e garantir a formación continua

Que ardan Santiago de Compostela e Madrid

Se cadra o que ten que arder non é o rural de Ourense e Lugo, senón onde viven ou veranean os que mandan

Juan Picos, profesor na UVigo: "O máis preocupante dun incendio é a súa propagación, aquilo que transformou unha faísca nun gran lume"

Juan Picos é profesor na Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo. Xunto ao seu equipo realizou algúns traballos de investigación cuxos obxectivos eran, sobre todo, as causas que motivaban o rápido avance dos incendios forestais. Picos quere que vexamos un incendio como un cúmulo de causas, desde o cambio climático, o abandono rural e o aumento da masa forestal que pode axudar a expandir un incendio en moi pouco tempo. Cre que a boa xestión do  monte é necesaria para reducir o seu impacto e, en relación ao eucalipto, tamén apunta a como se xestiona unha plantación para non ser un elemento incendiario.

Declaran extinguido o lume de Oia e estabilizado o de Carballedo, mentres o de Casaio queimou 4.000 hectáreas

Están controlados os lumes de Maceda que afectaron a 3.500 hectáreas; o de Vilardevós, parroquia de Moialde (600 hectáreas); e o de Montederramo, parroquia de Paredes (120 hectáreas).

PSdeG denuncia as condicións laborais dos brigadistas e o BNG fala da "inutilidade" da Xunta

Os socialistas explican que os cintos que usan os brigadistas "teñen o mesmo deseño" que os dos 90 e o BNG denuncia que a Consellería do Medio Rural "non iniciou" os traballos de xestión de biomasa nas franxas secundarias de protección 

Estabilizan o incendio de Larouco tras queimar 30.000 hectáreas, o máis grande de Galicia

Extinguido o incendio de Agolada, que calcinou un total de 522,32 hectáreas de monte arboledo

Cinco lumes permanecen activos en Galicia e dous estabilizáronse en Ourense

Así o recolle a última actualización da Consellería do Medio Rural, que indica que aínda hai cinco incendios activos, que suman 52.110 hectáreas. A cifra ascende a 88.810 si téñense en conta todos os lumes aínda sen extinguir en Galicia e superan as 20 hectáreas

Xogar con lume e coa historia, o perigo dos incendios sobre o patrimonio galego

Os diferentes lumes que arrasaron e seguen arrasando á comunidade galega tamén deixan a súa pegada sobre o patrimonio histórico local. Elementos como petróglifos, muros centenarios, castros, dólmenes e un longo etcétera son tamén vítimas directas da acción do lume. Que ocorre con este patrimonio ante lumes como o de Chandrexa de Queixa, Larouco ou Carballeda de Avia? 

80.000 hectáreas queimadas e sete focos activos, así está o mapa dos incendios en Galicia

Por diante está xa o orixinado en Larouco, que saltou o Sil até a provincia de Lugo e que queimou, segundo as estimacións da Xunta, 30.000 hectáreas en territorio galego

A CRTVG non xoga con lume mentres arde Galicia

A rede social X mostrou a indignación de usuarios e usuarias ante a falta de cobertura da CRTVG sobre os incendios en Ourense. Ao revés que RTVE e a súa Canle 24h ofrecían en directo a comparecencia do presidente do Goberno e do xefe do executivo galego, algo que a televisión autonómica parece esquecer ""

Calidade do aire entre pésima e regular en Ourense tras 50.500 hectáreas queimadas

Os datos recolleitos indican que, ás 11.00 horas do domingo, a calidade do aire é regular en Xinzo de Limia e moi mala na cidade de Ourense --debido ao contaminante PM25--, onde a estación está situada de forma próxima á estación de ferrocarril e á estrada N-120.
 

Cortadas a N-525 en As Estivadas e a OU-533 no Bolo debido aos incendios

Segundo a Dirección Xeral de Tráfico (#DXT), a N-525 ten a circulación interrompida desde o quilómetro 178 en Guimarei ao 181 en As Estibadas en ambos os sentidos da circulación.
 

Catro localidades evacuadas e vinte confinadas polos incendios de Carballeda, Beade, Leiro e Avión

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou á ministra de Defensa, Margarita Robles: "A verdade é que é bastante incomprensible, fala pouco da coordinación que se debe observar e que a Xunta está a ofrecer"

Lumes históricos en Galicia: 18 grandes incendios sen apagar con case 43.500 hectáreas queimadas

Esta onda deixa, tras unir os lumes de Chandrexa e Vilariño de Conso, o incendio máis voraz da historia de Galicia en superficie queimada

Setenta persoas continúan confinadas en diferentes puntos da provincia de Ourense

A DXT informa que non hai cortes de tráfico esta mañá en Galicia. Na provincia de Ourense, a calidade do aire está entre mala e pésima, segundo os medidores de Meteogalicia. 

A Xunta manda confinar en 34 concellos galegos

O 112 recorreu por primeira vez ao EsAlert para pór sobreaviso á poboación de concellos afectados por incendios e potencialmente susceptibles de sufrir lumes forestais 

Pechadas 11 estradas polos incendios, informa a DXT

En Castela e León, en Zamora a ZA-102 en Pias, en León a LLE-133 en Valdeviejas, e en Palencia o PP-2114, PP-2113 e PP-2116 en La Pernía

(VÍDEO) 32.500 hectáreas queimadas en Ourense con Chandrexa como principal foco activo

Vídeo do incendio na Caridade, Ourense. O servizo de emerxencias 112 informou dun novo incendio activo neste caso no municipio coruñés de Toques, parroquia de San Martiño de Oleiros. A AEMET avisou de que o perigo de incendios "moi alto ou extremo" seguirá na maior parte de España até o luns, mentres dure a onda de calor

 

Que arda Ourense

Que o lume arrase até as pedras desa maldita cidade. Que se queime o ridículo rañaceos, a Ponte Romana, as barbas do Santo Cristo e esa fonte da que auga xa mana choca


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE