Os novos proxectos emprendedores disporán de 9 millóns da Xunta para a substitución xeneracional

Cabe lembrar que podían optar a estas axudas persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, cooperativas e sociedades laborais que se constituísen ou se desen de alta desde o 1 de xaneiro de 2023.
 


|

Emprendedores
Emprendedores

 

 

 

O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou a ampliación de crédito até os 8,9 millóns de euros das axudas destinadas a apoiar novas iniciativas emprendedoras para promover a substitución xeneracional.

Isto supón, tal e como indicou a Xunta nunha nota de prensa, un incremento de case un 33 % respecto dos 6,7 millóns de euros consignados inicialmente. Ademais, o aumento do orzamento non afecto ao prazo de solicitude "pero permitirá que se poidan beneficiar dos apoios ao redor de 800 entidades".

Cabe lembrar que podían optar a estas axudas persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, cooperativas e sociedades laborais que se constituísen ou se desen de alta desde o 1 de xaneiro de 2023.

A orde inclúe como principal novidade o reforzo específico da substitución xeneracional que garanta a continuidade de negocios viables, segundo destacou a Xunta.

Outras novidades son a simplificación dos tramos subvencionables, co fin de axilizar a xestión administrativa; e a adaptación estratéxica dos investimentos máximos á realidade económica dos autónomos e das pequenas e medianas empresas, "principais protagonistas do tecido produtivo galego".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE