Soluciones Poligráficas é unha compañía das Somozas que está entre as máis beneficiadas do Plan Ferrol e recibiu axudas do IGAPE, o Ministerio de Industria e o Banco Europeo. Axentes da Garda Civil despregaron nas últimas horas deste martes un importante dispositivo contra o tráfico de drogas, tras localizar unha importante cantidade de substancias estupefacientes nunha nave industrial situada no polígono industrial das Somozas (A Coruña).
O constante aumento de peregrinos, ás veces mulleres que camiñan en solitario, empuxa ás administracións para mellorar a seguridade de fronte ao Xacobeo 2021.
A Garda Civil destaca que se trata dunha organización criminal itinerante asentada en Ferrol con máis de 100 arrestos anteriores.
A primeira gran operación de tráfico do verán comezou o pasado venres en todo o país, aínda que hoxe realizaranse a maioría dos desprazamentos, onde o despregamento da DXT inclúe máis radares, máis coches camuflados para controlar os límites de velocidade recentemente instaurados (90 km/h nas vías convencionais) e máis controis, ademais dunha maior cantidade de axentes na estrada.
A Garda Civil confirma a Galiciapress un aumento siginificativo nas denuncias de estafas a través de servizos de banca online en Ourense, con ata catro denuncias presentadas nun mesmo día desta semana. Un problema que afecta a clientes de todas as entidades. Agora ben, ata no 80% dos casos o denunciante acaba á súa vez investigado por "simulación de delito", advirte a Garda Civil
Os bulos están a xogar un papel importante no proceso de equiparación salarial, pero, por encima de todo o que se escriba nas redes, máis aló das confabulacións interesadas ou de voces de ultratumba, están os feitos.
Amancio Ortega quere devolver algo á sociedade e, para iso, ensínache a facerche rico comerciando con criptomonedas, o diñeiro virtual que ten a bitcoin como divisa máis famosa. Leste a mensaxe que usan ducias de campañas publicitarias por Internet para sacarlle o diñeiro incautos. Fontes de Pontegadea confirmaron hoxe a Galiciapress que as denunciaron ante a Garda Civil.