Pasa o límite do etilómetro e espétalles aos gardas que vén de "coller auga fresquiña"

A Garda Civil ha investigado a outros oito condutores este mércores na Coruña, Curtis, Carballo, A Laracha e Santiago de Compostela

|

A Garda Civil  sorprende a un reincidente ao volante con síntomas de bebedeira e cando se sae da escala do aparello que mide o alcol, o condutor dá unha curiosa explicación. El é un dos oito condutores investigados por alcoholemia ao voltante este mércores na Coruña, Curtis, Carballo, A Laracha e Santiago de Compostela.


Un condutor di que viña de
Foto dun control facilitada pola Garda Civil


Un condutor "multirreincidente" foi sorprendido na mañá deste mércores no municipio coruñés de Mesía por un dispositivo da Garda Civil. Os axentes realizáronlle un control de alcoholemia, pero o etilómetro de aproximación non puido determinar a taxa, porque pasaba o seu límite de medida.

A Garda Civil da Coruña preguntoulle sobre a súa elevada taxa de alcoholemia a unha hora tan temperá da mañá e el respondeu : "Viña da fonte, de coller auga fresquita".

Non eran nin as 12,30 horas da mañá, polo que os gardas civís indagar máis ante tales circunstancias. E ademais, solicitaron a presenza dun vehículo dotado de etilómetro de precisión. O condutor, pola súa banda, seguiu recalcando que tan só volvía de buscar o seu ansiado refresco na fonte.

POSIBLE CASO DE ALCOHOLISMO
O incidente podería ser un episodio máis producido por unha posible adicción ao alcol da que fala a Garda Civil. E é que, tanto en xullo de 2018 como en xaneiro de 2019, esta mesma persoa xa fora sorprendida conducindo cunha taxa de alcoholemia superior á permitida.

Por iso, propúxoselle ante a Xefatura Provincial de Tráfico para unha revisión psicofísica extraordinaria e, así, determinar se dita autoridade considera oportuno que sexa sometido a unha revisión extraordinaria por persoal facultativo.

OITO INVESTIGADOS
Ademais deste caso, a Garda Civil da Coruña investigou este mércores a oito persoas máis por diversos delitos contra a Seguridade Civil en diferentes municipios da provincia, entre os que se atopan A Coruña, Curtis, Carballo, Santiago de Compostela e A Laracha.

Destacan os incidentes de Carballo, onde un condutor foi investigado por case quintuplicar o máximo permitido --1,15 mg/l na primeira proba de alcoholemia e 1,05 mg/l na segunda-- e outro, este preto do cámping da praia de Baldaio, por conducir sen obter o permiso de conducir. Esta segunda infracción é a que tamén cometeu un condutor na Laracha, pero neste caso porque perdera todos os puntos do mesmo. No resto de municipios, as vulneracións foron por motivos similares.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE