Por que debemos pensalo moi ben antes de denunciar unha fraude por Internet


A Garda Civil confirma a Galiciapress un aumento siginificativo nas denuncias de estafas a través de servizos de banca online en Ourense, con ata catro denuncias presentadas nun mesmo día desta semana. Un problema que afecta a clientes de todas as entidades. Agora ben, ata no 80% dos casos o denunciante acaba á súa vez investigado por "simulación de delito", advirte a Garda Civil


|

Ata no 80% dos casos o denunciante acaba á súa vez investigado por "simulación de delito", advirte a Garda Civil


A Garda Civil confirma a Galiciapress un aumento siginificativo nas denuncias de estafas a través de servizos de banca online en Ourense, con ata catro denuncias presentadas nun mesmo día desta semana. Un problema que afecta a clientes de todas as entidades.



Policia brigada delitos tecnologicos


Fontes oficiais da benemérita advirten, iso si, que os cidadáns deben cerciorarse moi ben antes de oficializar as súas denuncias. E é que lembran que ata o 80 por cento dos casos investigados resultan finalmente ser unha "simulación de delito" e, en consecuencia, poden supoñer que o denunciante acabe, á súa vez, investigado pola Garda Civil.


Segundo relatan estas fontes, reciben frecuentemente denuncias por, por exemplo, cargos de comercios electrónicos nas súas tarxetas ou contas correntes; tendas nas que o cidadán non recoñece ou di que non mercou nada. Agora ben, unha vez investigado o cargo, o denunciante ás veces lembra que efectivamente si comprou algo, a miúdo hai varios meses, e que non logrou relacionar o cargo conta con aquela adquisición.


Aínda que a denuncia inicial non tivese mala intención, nestes casos a lei obriga á Garda Civil a investigar ao denunciante por "simulación de delito", cuxa pena prevista é de multa de seis a doce meses.  Os portavoces do corpo sinalan que, debido á baixa contía de moitas das denuncias iniciais, os procesos por simulación de delito ás veces quedan en nada; pero advirten á cidadanía que deben cerceriorarse ben antes de acudir ao cuartel para denunciar. Así evitan non só meterse en problemas e, ademais, non saturar aos axentes encargados deste tipo de fraudes, a miúdo insuficientes para facer fronte ao auxe dos ciberdelitos. Por exemplo, en toda a provincia de Ourense unicamente hai tres gardas civís encargados destas tarefas.


Só en esta provincia este luns, catro persoas denunciaron cargos fraudulentos nas súas tarxetas de crédito ou transferencias que non recoñecen, de entre 225 e 9.ooo euros.


9.000 EUROS DUNHA ANCIÁ ACABAN EN ESTONIA

Así, unha muller de 72 anos veciña da localidade ourensá de Verín ha deunciado ante a Garda Civil unha transferencia non autorizada de 9.000 euros do seu diñeiro a unha conta en Estonia.


Segundo informou o Instituto Armado, M.A.V., de 72 anos de idade e veciña de Verín, denunciou unha transferencia non autorizada de 9.000 euros a través de banca electrónica a unha "conta descoñecida" en Estonia.


CARGOS EN TARXETAS

Ademais, R.T.B., de 46 anos de idade e veciña de Ourense, denunciou o uso fraudulento da súa tarxeta de crédito con cargos non autorizados por importe de 225 euros.


Tamén F.K.R., de 19 anos de idade e veciño de Leiro (Ourense), denunciou cargos na súa tarxeta de crédito por importe de 5.200 euros, dos que, indican as mesmas fontes, descoñécense os motivos.


Pola súa banda, M.R.M., de 44 anos de idade e veciña da Gudiña (Ourense), denunciou cargos non autorizados na súa conta bancaria por importe de 490 euros.


MÁIS RECOMENDACIÓNS

Por todo iso, ante "un incremento de denuncias por delitos de estafas bancarias", sinala a Benemérita, esta recomenda revisar as operacións realizadas na sucursal bancaria e asegurarse de que nin o titular nin persoas autorizadas realizaron cargos nin subscricións.


Así mesmo, o Instituto Armado aconsella dirixirse á súa entidade bancaria para que lle faciliten os datos dos cargos e comprobar coa empresa ou entidade que reclama o cargo, para saber que están a pagar.


Cando se teña a certeza de que non existe contrato de pago, ou compra algunha, recomenda acudir á Garda Civil para formular a denuncia. "Nun 80% das denuncias interpostas na Comandancia de Ourense púidose comprobar que son simulacións de delito; ou ben porque aceptan algunha subscrición, que logo non poden cancelar, ou ben porque se trata de cargos que chegan tempo máis tarde e xa non lembraban os denunciantes", indican as mesmas fontes.


Tamén recomenda "destruír" os recibos, comprobantes ou extractos bancarios das tarxetas de crédito e contas antigas, así como pechar "todos os créditos ou contas bancarias que non utilice". "Non revele a súa información persoal por teléfono, correo ou Internet, a non ser que vostede iniciase o contacto e este seguro de quen é o seu receptor", abunda a Benemérita.


Nesta liña, aconsella non falar sobre investimentos con persoas que non sexan de confianza (amigos, familiares ou asesores financeiros); procurar "non sacar diñeiro nos caixeiros que estean na rúa e, se non hai máis remedio, que se trate de pequenas cantidades"; así como tapar o número secreto e non usar "un demasiado fácil, como a data de nacemento".


"Nunca debe deixarse a tarxeta dentro do caixeiro, se esta queda bloqueada, debe poñerse en contacto canto antes coa entidade bancaria", subliñan o Instituto Armado.


CAMBIAR O DÍA DE COBRO DA PENSIÓN

A iso suma a recomendación de non gardar todo o diñeiro no domicilio e non recoller "o diñeiro da pensión no banco os mesmos días do mes e ás mesmas horas". Deste xeito, apunta que se "tente sacar o efectivo de forma graduada e non toda a paga dunha vez, xa que moitos ladróns están á espreita nos días de cobro".


En caso de ser vítima dun delito, a Garda Civil pide que a persoa afectada fíxese "en todos os detalles que poidan axudar a identificar o estafador" e chamar á Benemérita ou á Policía "canto antes, tratando de darlle toda a información posible respecto ao suceso".

relacionada Denuncias relacionadas coa web de ABANCA multiplicáronse antes do apagamento
relacionada Amancio Ortega denuncia a campaña de fake news que o vincula ás criptomonedas
relacionada Claves a valorar para solicitar un préstamo on-line

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE