​Comeza a operación saída: máis radares, máis coches camuflados e máis controis

A primeira gran operación de tráfico do verán comezou o pasado venres en todo o país, aínda que hoxe realizaranse a maioría dos desprazamentos, onde o despregamento da DXT inclúe máis radares, máis coches camuflados para controlar os límites de velocidade recentemente instaurados (90 km/h nas vías convencionais) e máis controis, ademais dunha maior cantidade de axentes na estrada. 


|

A primeira gran operación de tráfico do verán comezou o pasado venres en todo o país, aínda que hoxe realizaranse a maioría dos desprazamentos, onde o despregamento da DXT inclúe máis radares, máis coches camuflados para controlar os límites de velocidade recentemente instaurados (90 km/h nas vías convencionais) e máis controis, ademais dunha maior cantidade de axentes na estrada.


Control tru00e1fico

O despregamento de tráfico durante a tempada estival contará cunha maior dotación


Desde a Dirección Xeral de Tráfico fixaron o obxectivo de reducir o número de falecidos despois do preocupante incremento do 15% rexistrado o pasado verán, en comparación co mesmo período de 2017. En 2018, a media que arroxaron xullo e agosto foi de catro falecidos por día, con 15 feridos por accidente de tráfico.


O dispositivo, que xa entrou en vigor, permanecerá activo ata o próximo 1 de setembro. As datas craves son os 1, 14, 15, 28 e 31 de xullo, así como o 1, 5, 14, 15 e 31 de agosto, ademais do 25 de xullo, festivo en Galicia.


Entre os dous meses espéranse preto de 90 millóns de desprazamentos, máis dun 1,5% con respecto ao ano pasado. Os radares fixos e móbiles, os máis de 9.000 Gardas Civís que forman parte do operativo e os helicópteros de tráfico encargaranse de manter a orde nas estradas galegas e de toda España.


RECOMENDACIÓNS

No verán, co bo tempo, é máis común atoparse nas estradas con ciclistas, xa sexa de forma individual ou en grupo, motoristas ou mesmo peóns se falamos de estrada secundarias. Estes grupos son especialmente vulnerables e desde a DXT recomendan ser especialmente cautos á hora de realizar adiantamentos, mantendo sempre a distancia de seguridade e tratando de distraer ou alterar o ritmo do individuo ou individuos que están a ser adiantados.


Hidratarse ben, parar cada dúas horas en caso de desprazamentos longos, ventilar ben o vehículo ou utilizar as áreas de descanso en caso de empezar a sentir mareos ou algún tipo de malestar son outras dos consellos nos que fai fincapé a DXT, ademais de lembrar o uso obrigatorio do cinto de seguridade. Do mesmo xeito, recomendan ter sempre batería suficiente no teléfono, auga a man e escoitar regularmente os boletíns informativos das emisoras de radio.


O consumo de alcol e drogas, o uso do teléfono móbil ao volante ou conducir fatigado sen descansar os suficiente son as principais causas de accidentes de tráfico, polo que desde a Dirección Xeral de Tráfico reiteran que é necesario de absterse de todas esas prácticas cando se vai a conducir e recalcan que os condutores deben estar especialmente atentos a todos os paneis e indicadores luminosos das autovías e autoestradas ante posibles mensaxes que informen de posibles incidencias ou modificacións no traxecto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE