O local que historicamente exerceu como sede da Editorial Nós --fundada por Ánxel Casal-- reabriu '' este sábado, de forma excepcional, para acoller a celebración do 90º aniversario da impresión de 'Seis poemas galegos', de Federico García Lorca.O acto, impulsado polo Concello de Santiago e Alvarellos Editora, reivindicou o "significado histórico e cultural" do único libro que Lorca escribiu nunha lingua diferente ao castelán.