Non será con esa infraestrutura, que será retirada, se non cunha nova que xa está en Compostela. "MANTENSE O PROGRAMA"O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou este luns que os operarios "están a traballar na retirada" da instalación danada e na montaxe do "novo" escenario, co obxectivo de que o festival poida "discorrer sen novidade".Tras desexar unha "pronta recuperación" aos traballadores feridos que aínda continúan no hospital, Rueda sinalou que a promotora lles ha trasladado que "se mantén o programa", aínda que "non co escenario previsto".Con estes cambios, o presidente galego ha confiado en que poida celebrarse "un gran festival" sen "máis contratempos" e sen que ocorran de novo sucesos como o do venres. TODO EN REGRAPola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que xa está no Concello a documentación para o cambio de escenario.Sobre a celebración de O Son do Camiño, o rexedor congratulouse "" de que siga adiante, xa que "a suspensión ou o aprazamento tería consecuencias moi complicadas para máis de 40.000 persoas", ás que "afectaría moi negativamente".
Con todo, ata o momento López atópase no bo camiño para conseguilo, pois en 2020 proclamouse terceira no Campionato de Europa. Por tanto, dada a súa traxectoria e as súas condicións actuais, todo parece indicar que continuará regalando éxitos a Galicia durante os dous anos que lle faltan para chegar aos Xogos de París de 2024. Compite na categoría de -52kg e as súas próximas metas serán o Grand Prix de Zagreb o 15 de xullo e o Campionato do Mundo a principios de agosto.
Tamén cabe subliñar que case 10 de cada 100 vítimas renunciou a declarar contra o seu agresor. A Presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Ángeles Carmona, tras analizar todos os datos e correspondentes comparativas co ano anterior, considera preocupante o feito de que se sigan presentando elevadas cifras por violencia machista, pero lanza unha mensaxe esperanzadora en canto ao número de vítimas que se animaron a denunciar: As vítimas confían cada vez máis nas institucións que nos dedicamos a loitar contra a violencia machista, confían nos xuíces e xuízas, nas Forzas de Seguridade do Estado e na rede de protección que entre todos tratamos de tecer á súa ao redor e que, na inmensa maioría dos casos, salva vidas”. En Galicia, con respecto ao primeiro trimestre de 2021, no mesmo período deste ano presentáronse 261 acusacións máis por cuestións de violencia machista.
A acción nace do Pacto Social AquaOurense, promovido por Viaqua e a Deputación de Ourense, e busca concienciar xunto con Cruz Vermella sobre hábitos responsables no consumo da auga.
Divulgadores científicos, políticos e ata exalumnos da FP Dual da auga, choy convertidos en traballadores de Viaqua, participaron na última edición da Xunta Xeral de Grupos de Interese.
O conselleiro de Sanidade lembra que os hospitais da Coruña, Santiago e Vigo xa son capaces de realizar PCR específicas para esta doenza. Antes as mostras dos casos sospeitosos debían analizarse no instituo Carlos III de Madrid.
Alberto Núñez Feijóo acudiu esta fin de semana a Selecta ao comezo da campaña electoral en Andalucía e o seu primeiro acto á beira de Juan Moreno Bonilla, máis que afianzar votos, abriu un novo debate.
Carracedo propúxose un reto: surfear en toda España, mesmo naquelas comunidades que non teñen saída ao mar.
A tensa relación entre estes sindicatos na Xunta ao fío do acordo de mobilidade forzosa acaba no xulgado tras unha publicación no boletín oficial do CSIF.
Como consecuencia, isto provoca o aumento da lista de espera dos pacientes. Ademais, moitos pacientes teñen enfermidades crónicas e pluripatológicas, polo que non poden prescindir desas revisións médicas. Por último, estudantes de medicina e residentes non están a recibir a oportunidade de integrarse ao servizo de Medicina Interna debido ás precarias condicións ás que se expoñen. Con todo, o Colexio Médico fai un chamamento á Xerencia da área Sanitaria para elaborar unha redacción na que se planifiquen solucións para os internistas.
Este recoñecemento xa o conseguiron anteriormente con outros temas recompilados no seu traballo Vos dous de Sempre, pero Orquestra e Diego Tristán son as cancións que os artistas necesitaban publicar para consolidarse como os primeiros galegos en facer esta mestura de xéneros. Así, en 2020 Boyanka xa conseguira facerse visibles entre a xente polo seu traballo que, aseguran, avogaba pola liberdade creativa e achegaba sorprendentemente ambos os xéneros.
O certame celebrarase en Turín (Italia) entre o 2 e o 5 de xuño. Actuará co seu espectáculo Don Gelati, no que contará con Fran Rei como asesor cómico. Fonte: Dani García durante o seu espectáculo Don Gelati. Dani García procede de Neda, concello da Coruña.
Todo isto sen importarlles os custos que esta estratexia supón para o pobo ucraíno (a día de hoxe: 6,6 millóns de persoas refuxiadas, 4.000 civís mortas e 4.600 feridas), pero tamén para Europa.Ademais, parece non importarlles situar ao mundo ao bordo dun conflito nuclear que sería definitivo: canto máis se prolongue a guerra, máis difícil será evitalo.Algo que non parecen ter moi claro nin o nin, por suposto, o PPdeG, quen se preocupou máis por "meterlle un gol" ao BNG con esta iniciativa parlamentaria, aproveitando as súas ambigüidades, que de reclamar a paz para Ucraína.Neste marco resultaría desexable que, si estamos polo fin da guerra en Ucraína, apostouse máis pola negociación e a diplomacia que pola guerra.
As afectadas desta rede de explotación laboral son ao redor de 60 mulleres procedentes de América Latina, segundo investiga o Xulgado de Instrución 3 de Lugo.
O deputado socialista Gonzalo Caballero sufriu un accidente na AP-9 o pasado sábado, tras a toma de posesión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou a Europa Press, e está de alta hospitalaria.
En descarga da oposición, hai que subliñar que son varios e importantes os factores que impiden un debate desa natureza.