A Mesa planta batalla por lograr que Google Maps respecte e restaure a toponimia oficial de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística pon en marcha a campaña 'Polo seu nome' co que busca o repeto á toponimia oficial de Galicia.
A Mesa pola Normalización Lingüística pon en marcha a campaña 'Polo seu nome' co que busca o repeto á toponimia oficial de Galicia.
Desde a plataforma non descartan emprender accións xudiciais si fose necesario e avanzan que a campaña será exposta ás princiaples administracións públicas.
![Ribadeo](/multimedia/images/5649341.jpg)
Co marco incomparable que ofrecen Ribadeo e a súa contorna, A Mesa pola Normalización Lingüística presentou onte a campaña ‘Polo seu nome’, coa que pretende “mobilizar á poboación pola restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas dixitais. O escenario non é casual, porque o contexto no que se presenta é no da proposta do Goberno do Principado de Asturias para modificar o nome da Ría de Ribadeo.
“O ÚNICO NOME POSIBLE ES RÍA DE RIBADEO”
Desde A Mesa xa impulsaron alegacións de forma conxunta coa Plataforma de Mariños de Ribadeo. Desde a organización defenden “o nome único lexítimo como único oficial” da ría, considerando que estas son institucións como a Comisión de Toponimia de Galicia, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Instituto da Lingua Galega ou o Grupo de Investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela os que teñen autoridade para “determinar e valorar que nomes son os propios da lingua galega nas súas diferentes variedades territoriais, incluída a do Eo-Navia.
“Todas coinciden en que o único nome posible é Ría de Ribadeo”, recalca A Mesa. Con todo, o de Ribadeo non é un caso único, polo que desde a organización lembran que “a mobilización social é a principal ferramenta para conseguir avances para o galego, desde a oficialidade á toponimia ou o uso en todos os ámbitos da vida".
AFECTANDO O CORREO POSTAL
Nese sentido, Marcos Maceira, presidente da Mesa, pide máis severidade contra as “agresións á toponimia consentidas polas autoridades responsables de garantir o seu respecto”. Por iso, a nova campaña enfócase en reclamar ás compañías de mapas dixitais e navegación “a restitución da toponimia nas súas aplicacións, sinalizando os lugares unicamente coas formas galegas, lexítimas e oficiais e empregando como base de datos fiable e válida a incluída no nomenclator oficial de Galicia”.
Desde A Mesa avanzan que a proposta, xa en redes, chegará tamén a Concellos, ao Parlamento de Galicia e ao Congreso. Ao tempo, non descartan emprender accións penais si fose preciso.
![Mapas dixitais TW](/multimedia/images/5649340.png)
"A toponimia é unha pegada lingüística dun pobo sobre o territorio no que historicamente se desenvolveu", apostila Maceira, que lamenta a castellanización dalgúns termos en lugares que até agora non foran deturpados, algo que está a penalizar a moitos veciños de zonas ás que, por estes cambios de nomes, non reciben os seus correos ou paquetes ao non coincidir o nome oficial co do rexistro das aplicacións.
Escribe o teu comentario