Andrés Suárez xoga en casa para presentar 'Lúa', o seu novo traballo: concerto en Ferrol e inicio da xira

O cantautor elixe a súa cidade para cortar a cinta inaugural da súa nova xira de presentación, con entradas á venda a partir deste xoves.


|

Unnamed
Andrés Suárez

 

No caso de Andrés Suárez non pode aplicárse o refrán de "máis vale o malo coñecido...", porque Ferrol non ten nada de malo, pero si é moi coñecido para este cantautor que escolleu o seu refuxio na cidade naval para dar o pistoletazo de saída a 'Lúa', a súa nova xira que comezará o 29 de maio de 2026. 

 

 

UN NOVO CICLO

Xogando en casa, coa súa xente, unha das voces máis singulares da canción nacional presentarase no Auditorio de Ferrol no marco do Ciclo Maresía, que continúa a súa ruta por distintos escenarios da comunidade á beira de artistas de primeira orde co mar como fío condurctor, para dar así comezo a unha nova etapa. Trátase do décimo álbum de estudo dun dos artistas máis aclamados da escena galega e de toda España, sendo Lúa "unha obra profundamente persoal e íntima que marca un punto de inflexión na súa traxectoria".

 

 

"Este disco consolidouse como un dos traballos máis significativos e transcendentais da súa carreira discográfica", anuncian desde Art Music Agency, á fronte da promoción desta nova aventura que promete "un directo cargado de emoción, autenticidade e esa conexión única que o caracteriza sobre o escenario". 

 

Unnamed (1)

 

O concerto, no entanto, non virará exclusivamente a este útimo disco, senón que o Andrés Súarez brindará ao seu público algúns dos himnos que o acompañaron na última década xunto á súa banda de sempre, coa que nestes momentos atópase en México onde ten programados varios concertos até mediados de novembro. 

 

 

As entradas para velo en Ferrol estarán á venda a partir de mañá, xoves 30 de outubro, nas canles oficiais e en Art Music Agency, ademais de nos despachos de billetes do propio auditorio de martes a venres en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE