Investigan a catro mulleres "pilladas" roubando centos de metros de cable de cobre do aeródromo de Rozas
Están acusadas de delitos de furto, danos e pertenza a organización criminal polo roubo no aeródromo lucense.
A Garda Civil, no marco da operación 'Wire', informou de que están investigadas catro veciñas de Lugo, con idades comprendidas entre os 38 e 46 anos, de idade como supostas autoras dos delitos de furto, danos e pertenza a organización criminal, por subtraer centos de metros de cable do aeródromo de Rozas.
Os feitos iniciáronse o pasado mes de setembro tras ter coñecemento da rotura do valo perimetral do aeródromo de Rozas, titularidade do Ministerio de Defensa, descoñecendo os motivos e os presuntos autores do feito delituoso.
Segundo o relato da Garda Civil, empezou unha investigación por parte do Pacprona da Comandancia da Garda Civil de Lugo para a localización e identificación dos responsables, instalando dispositivos e realizando vixilancias discretas e aleatorias na zona.
Tras uns días de operativo, logrouse identificar ás presuntas autoras, as cales teñen antecedentes por feitos similares, sendo captadas polos dispositivos instalados accedendo ao interior do recinto a través do corte practicado no valo perimetral, saíndo pasados uns minutos arrastrando o cableado subtraído e perder na maleza existente no exterior, sendo perfectamente identificadas a través das imaxes dos vídeos obtidos.
As dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial.
Escribe o teu comentario