(VÍDEO) O SUP pecha o seu Congreso Federal Territorial en Vigo coa reelección de Roberto González como secretario xeral

O xa secretario xeral do Sindicato Unificado de Polícia (#SUP) de Galicia recibiu o respaldo e a confianza dos seus compañeiros no congreso celebrado en Vigo.

 


|

O xa secretario xeral do Sindicato Unificado de Polícia (SUP) de Galicia recibiu o respaldo e a confianza dos seus compañeiros no congreso celebrado en Vigo. 

 

"Van ser catro anos nos que imos ser incisivos nas reivindicacións e nos que seguirei compaxinando a tarefa sindical coa profesional. Comprométome a dar o mellor de min", declarou.

 

Roberto gonzu00e1lez sup
Roberto González e Mónica Gracia | Foto: SUP Galicia

 

Este juves clausurouse o X Congreso Federal Territorial do Sindicato Unificado de Polícia (SUP) de Galicia celebrado en Vigo. Tras dous días de intervencións e homenaxes, os axentes concluíron o Congreso coa reelección de Roberto González á fronte da secretaría xeral, renovando o seu mandato outros catro anos no sindicato maioritario da Policía Nacional en Galicia

 

As xornadas estiveron marcadas polos debates que lograron pasos importantes de face a mellorar a situación dos axentes no corpo, así como cambios estatutarios dirixidos a mellorar a organización e facer aínda máis transparente o seu correcto funcionamento e administración. 

 

Coa lema 'Xuntos polos teus dereitos' 75 delegados do #SUP en Galicia acudiron ao encontro, que contou coa intervención de Mónica Gracia, secretaria xeral do sindicato, que tamén estivo arroupada por outros membros da Comisión Executiva Nacional. "O que fixemos, foi por e para os policías. Fomos valentes asinando o mellor acordo da historia na PN", declarou durante o seu relatorio. 

 

"ESTOU TOTALMENTE MOTIVADO"

Na xornada de onte tivo lugar a votación para elixir ao secretario xeral, saíndo de novo Roberto González, con 1.472 apoios, como o candidato con todo o respaldo do sindicato en Galicia. 

 

Tras a súa reelección, González quixo mandar un agradecemento "a todos os compañeiros" que participaron neste X Congreso do SUP galego e por haber deposita a confianza nel como secretario xeral. "Estou totalmente motivado para afrontar este labor. Somos o sindicato maioritario en Galicia, representamos a 1.800 policías nacionais na nosa comunidade e deste Congreso saíron liñas de traballo inminentes", detallaba González.

 

Nesa liña, citou a loita por considerar aos axentes do corpo dentro da categoría de "profesión de risco", a creación de "un centro universitario para os novos axentes", similar ao doutros corpos de seguridade, ou a aprobación dun código ético "para dotar de máis transparencia á organización".

 

Outros puntos sobre os que dirixirá a súa atención durante a súa estancia á fronte da secretaría xeral son a creación dunha birgada móbil para a Comisaría Provincial de Ourense ou o catálogo de postos de traballo de instrutor de tiro na Comisaría de Santiago de Comopostela. Con todo, o seu principal cabalo de batalla será "a modificación do catálogo de postos de traballo" para que se axuste "á realidade sindical, social e delicuencial dos persoais". 

 

 

"Van ser catro anos nos que imos ser incisivos nas reivindicacións e nos que seguirei compaxinando a tarefa sindical coa profesional. Comprométome a dar o mellor de min para que os policías nacionais teñan os mellores dereitos e gocen das mellores condicións laborais", resolveu González. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE