Carlos Lage, da comisaría de Ferrol, é o novo líder do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, asumindo a dirección que deixa Roberto González despois dunha década á fronte. Lage atende a Galiciapress para pór sobre a mesa a necesidade de ser declarados profesión de risco, chave para ter unha mellor xubilación, dous aspectos que hoxe están lonxe pola ausencia de diálogo co Goberno central.
Roberto González, secretario do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, expresou o seu rexeitamento á reforma da Lei Orgánica de Protección de Seguridade Cidadá, coñecida comunmente como a "Lei Mordaza". O SUP é o sindicato policial con máis peso no persoal do corpo na autonomía.
O xa secretario xeral do Sindicato Unificado de Polícia (#SUP) de Galicia recibiu o respaldo e a confianza dos seus compañeiros no congreso celebrado en Vigo.