Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que mentres que a situación parece xa controlada na área de Lugo, a máis afectada nas últimas semanas polo brote da Mariña, o problema agora parece concentrarse na Coruña e Vigo. Os novos casos que apareceron nas últimas horas nas áreas herculina e olívica provocaron unha escalada nas cifras de dúas zonas que ata o de agora rexistraran un ritmo de descenso moi prometedor. A pesar de todo, hoxe Galicia volve perder casos activos: once menos en 24 horas.
A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias vén de anunciar que o Xulgado de Instrución nº3 de Cangas abriu dilixencias "contra a conselleira delegada de DomusVi España, Xosefina Fernández, ademais doutros dous cargos da Xunta de Galicia.
O brote da comarca do Segrià que puxo en xaque a toda Cataluña parece dar un salto desde o Mar Mediterráneo ata a costa atlántica, deixando tres positivos en Betanzos.
Os datos do Servizo Galego de Saúde volven reflectir un día máis a melloría paulatina nas cifras de casos activos de coronavirus na área lucense. A situación parece ir perdendo forza despois de varias semanas de crecemento constante. Con todo, mentres os casos activos volven caer na área de Lugo, esta é a única das sete áreas galegas que hoxe arroxa cifras negativas, xa que mentres A Coruña e Vigo soben, as outras áreas móstranse inalterables nos seus índices.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación na área lucense parece camiñar cara á melloría. Iso repercute substancialmente sobre o resto de áreas galegas, que hoxe no seu conxunto perden 17 casos activos. Este descenso prodúcese só un día despois de que Galicia rexistrase unha moi mala xornada cun repunte de nove casos en 24 horas, o que levou á media semanal a unha porcentaxe de crecemento. O descenso de hoxe volve poñer á comunidade en datos de perda de casos.
A atalaia sobre a que Manuel Baltar domina a provincia de Ourense é, a cada ano que pasa, un pouco máis baixa. Feudo incuestionable dos populares, xa nas eleccións locais de maio de 2019 a cadeira de brazos do presidente da Deputación pareceu cambalearse ata o punto de que só un paco de última hora con Democracia Ourensá e a cambio de sacrificar a cidade de Ourense, a xoia da coroa, permitiu á saga Baltar seguir á fronte do organismo provincial.
Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, os casos activos de coronavirus na comunidade volveron a crecer nas últimas 24 horas. Pese ao descenso de onte, hoxe Galicia conta con nove casos máis. A situación no territorio segue sendo preocupante, sobre todo porque os datos que chegan hoxe desde a área de Lugo volven indicar novos contagios. Con todo, a área máis golpeada esta xornada é a herculina, que suma cinco novos casos.
A líder nacionalista compareceu ante os medios para celebrar os bos resultados do BNG, que triplica a súa representación no Parlamento de Galicia.
O líder dos socialistas galegos mostrou a súa satisfacción polos resultados cultivados, que melloran os datos de anos pasados e puxo a lupa sobre os últimos votos escrutados, que poderían facer bailar algún escano en favor do PSdeG.
Se algo nos ensinaron as eleccións de Galicia e Euskadi é que a vascos e galegos gústanoslles a política que se fai no Congreso dos Deputados, no Senado e desde o Palacio da Moncloa, cuxos dirixentes incendian cada día ao país con mensaxes lapidarios sen atopar a maneira de pactar acordos que arranxen o día a día da xente que as está pasando canutas para poder saír adiante.
A confluencia de Galicia En Común (Podemos Galicia), Anova e as mareas da Coruña e Santiago non logrou nin un só escano en Galicia, a pesar de que as enquisas lles daban entre seis e catro representantes nalgúns casos.
Desde o municipio tourense denuncian para Galiciapress as condicións antihigiénicas nas que se atopan os servizos dun dos colexios electorais do municipio.