(VÍDEOS) Desactivada a 'situación 2' no incendio de Monterrei, onde o lume leva arrasadas case 500 hectáreas


Ourense está a vivir unha semana tráxica, onde a provincia está a ser pasto dos incendios e os incendiarios, xa que todos os indicios apuntan a que se tratan de incendios provocados. Entre Verín, Viana do Bolo e Monterrei, ademais doutros lumes declarados en Galicia ao longo da semana, a superficie forestal afectada na comunidade rolda o milleiro de hectáreas queimadas.


|

Ourense está a vivir unha semana tráxica, onde a provincia está a ser pasto dos incendios e os incendiarios, xa que todos os indicios apuntan a que se tratan de incendios provocados. Entre Verín, Viana do Bolo e Monterrei, ademais doutros lumes declarados en Galicia ao longo da semana, a superficie forestal afectada na comunidade rolda o milleiro de hectáreas queimadas.


No de Monterrei, declarado a última hora da tarde de onte, a UME tivo que despregar esta madrugada ata 62 efectivos e 25 vehículos para controlar un escenario tan desfavorable, no que se tivo que declarar a 'situación 2'. 


Goberno espau00f1a incendio

Labores de extinción en Monterrei | Foto: Goberno de España


A última actualización de Medio Rural estima a superficie afectada ao redor das 450 hectáreas, o que deixa ao lume de Monterrei como o máis destrutivo no que vai de tempada en Galicia, nunha semana negra onde se foi superando a diario esta nefasta marca.



Primeiro foi o de Verín, que arrasou preto de 150 hectáreas. Antes de ter controlado ese incendio, declarouse o de Viana do Bolo, onde a superficie queimada ascende ata as 250 hectáreas e que se mantén aínda activo. En só unha noite, o incendio de Monterrei practicamente dobrou esa cifra e está a un paso de ser considerado Gran Incendio Forestal . 



O incendio obrigou a pechar  ao tráfico a estrada que une Medeiros e Ou Requeixo. Ademais, os equipos antiincendios viviron unha noite realmente complicada pola situación meteorolóxica, xa que o forte vento complicou os labores de extinción. Xunto á UME, para as tarefas de control hanse movilizdao polo momento un técnico, once axentes, 21 brigadas, 18 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e nove avións.



Os primeiros indicios apunta a que todos os lumes declarados na zona nas últimas horas teñen unha clara intencionalidade. O propio alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, lamentou a "clara" intencionalidade do lume da súa localidade, que contou con ata cinco focos. "Está claro que buscaban unha repercusión ecolóxica e ambiental. E económica, tamén", esgrimiu o rexedor. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE