Brote de coronavirus na Mariña: quedan 48 casos activos tras 23 altas e dous novos positivos

Un total de 48 casos de coronavirus permanecen activos no brote da comarca da Mariña, 21 menos que o mércores, despois de rexistrarse 23 altas e detectarse dous novos positivos.


|

Un total de 48 casos de coronavirus permanecen activos no brote da comarca da Mariña, 21 menos que o mércores, despois de rexistrarse 23 altas e detectarse dous novos positivos.


Unha muller protexida con máscara le na Praia da Rapadoira en Foz

Segundo os datos facilitados polo Sergas este xoves, nas últimas horas leváronse a cabo 45 probas PCR, dúas delas con resultado positivo.

Dos 48 casos activos, dous atópanse ingresados no Hospital Público da Mariña con evolución favorables e os 46 restantes permenecen en seguimento domiciliario.

Así mesmo, un total de 357 contactos estreitos continúan illados nos seus domicilios, catro menos que a xornada anterior.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE