Con 720 hectáreas queimadas o de Monterrei convértese en Gran Incendio Forestal e o máis destrutivo da tempada
O lume que afecta á parroquia de Flariz, en Monterrei (Ourense), desde o venres queimou 720 hectáreas, de acordo coas últimas estimacións, que supoñen que este é o incendio máis grande de Galicia no que vai de tempada.
O lume que afecta á parroquia de Flariz, en Monterrei (Ourense), desde o venres queimou 720 hectáreas, de acordo coas últimas estimacións, que supoñen que este é o incendio máis grande de Galicia no que vai de tempada.
O lume está estabilizado desde as 15,20 horas deste domingo, informou a Consellería do Medio Rural. Deste xeito, non constan incendios de máis de 20 hectáreas activos na comunidade galega.
A Xunta concretou que, coas novas estimacións, das 720 hectáreas afectadas, 450 son de superficie forestal (400 de monte raso e 50 de monte arborizado) e as outras 270 son agrícolas. O incendio queda 50 hectáreas de ser considerado un gran incendio forestal, categoría na que se encadran os que superan as 500 hectáreas de monte.
A proximidade das chamas a algunhas vivendas provocou que se activase durante unhas horas na madrugada do sábado a alerta (situación 2).
Para colaborar nos labores de extinción mobilizáronse ata o momento un técnico, 24 axentes, 56 brigadas, 30 motobombas, dúas pas, nove helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Este domingo quedaron extinguidos os incendios que afectaron á parroquia de Vilardemilo, en Viana do Bolo, e á de Queirugás, en Verín, tamén na provincia de Ourense. O primeiro deles queimou 210,47 hectáreas, mentres que o segundo calcinou 143,93 hectáreas.
En conxunto, estes tres incendios arrasaron no últimos cinco días na mesma provincia máis de 1.074 hectáreas.
Escribe o teu comentario