frinsa

Conserveira Frinsa (Ribeira) investigada por unha mancha de fuel do tamaño de 15 campos de fútbol
O equipo do Seprona da Garda Civil da Coruña investiga por un delito contra o medio ambiente e os recursos naturais a unha empresa conserveira de Ribeira en relación á vertedura de hidrocarburo que afectou á ría de Arousa, á altura de Punta de Touro, entre os días 10 e 15 de outubro.
​Profesionais do sector apoian a tese de Frinsa: “Non pode ser que só unha lata estea contaminada nun lote de máis de 3.000”

Galiciapress contacta con profesionais da industria conserveira tras a crise sanitaria declarada pola Axencia Español de Seguridade Alimentaria e Nutrición, que puxo o foco sobre todo o sector por mor dos resultados positivos pola toxina botulínica na análise dunha lata de atún fabricada na compañía Frinsa do Noroeste. Esta situación pon en risco a economía galega, especialmente a da comarca de Barbanza, moi dependente das conserveiras e o marisqueo. 

Frinsa achaca o brote a unha mala manipulación por parte dos afectados, xa que o resto do lote está limpo

Só una de entre as máis de 3.400 latas do lote investigado e retirado do mercado pola alerta alimentaria non é apta para o consumo, segundo informan desde Frinsa do Noroeste. A conserveira asegura que é “imposible” que a lata de atún en aceite de xirasol na que se atopou toxina botulínica puidésese contaminar durante o proceso de fabricación.

​A Xunta analizou dúas veces a planta de Frinsa tras o brote pero non detectou anomalías

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade realizou unha análise pormenorizada da empresa provedora o pasado 13 de agosto despois de recibir a alerta polo lote de latas de atún presuntamente contaminado. Os resultados da inspección a Frinsa do Noroeste e non rexistraron anomalías no tratamento para as conservas despois de verificar os controis de produción e os procesos de esterilización.

​Que é o botulismo? Detrás da toxina botulínica atopada nunha lata de atún galega


O botulismo é unha enfermidade que se produce pola inxestión de alimentos contaminados coa toxina botulínica, segundo informa a Clínica Universidade de Navarra. A enfermidade caracterízase por provocar secura bucal, náuseas e vómitos, ademais de parálise muscular progresiva, mareos e, en ocasións, problemas respiratorios.

Alerta sanitaria ao atopar toxina botulínica nunha lata de atún dunha conserveira galega

A Axencia Español de Seguridade Alimentaria e Nutrición decretou un brote de intoxicación alimentaria causado por toxina botulínica asociado ao consumo de conserva de atún en aceite de xirasol. Hai catro afectados polo brote -tres deles xa foron dados de alta- e os produtos da empresa xa foron localizados e retirados do mercado. Fuentes de Frinsa explican a Galiciapress que estudan a posibilidade de que, unha vez adquirido o atún, este puidese contaminarse por unha mala conservación por parte dos consumidores. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE