​Que é o botulismo? Detrás da toxina botulínica atopada nunha lata de atún galega


O botulismo é unha enfermidade que se produce pola inxestión de alimentos contaminados coa toxina botulínica, segundo informa a Clínica Universidade de Navarra. A enfermidade caracterízase por provocar secura bucal, náuseas e vómitos, ademais de parálise muscular progresiva, mareos e, en ocasións, problemas respiratorios.


|

O botulismo é unha enfermidade que se produce pola inxestión de alimentos contaminados coa toxina botulínica, segundo informa a Clínica Universidade de Navarra. A enfermidade caracterízase por provocar secura bucal, náuseas e vómitos, ademais de parálise muscular progresiva, mareos e, en ocasións, problemas respiratorios.


WhatsApp Image 2019 08 30 at 17.44.25

Latas de atún similares á do produto investigado


Os alimentos que conteñen esta toxina contamínanse por dúas vías: ou ben por unha mala preparación; ou ben por un fallo na conservación do alimento. No caso das latas de atún que están a ser investigadas da marca Frinsa a hipótese dunha mala conservación por parte dos consumidores é a que está a gañar peso nestes momentos, segundo fontes próximas á compañía. Con todo, iniciáronse os protocolos para a retirada da partida que pode estar contaminada ademais das análises de todos os lotes sospeitosos.


BOTOX

Esta toxina é comunmente utilizada para usos destinados á clínica estética. As inxeccións de botox provocan unha parálise muscular onde se aplique -xeralmente úsase na cara para previr a formación de engurras ou suavizar aquelas xa existentes-.   


Con todo, tambien é un elemento utilizado en áreas como a neuroloxía para fins terapéuticos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE