Galiciapress contacta con profesionais da industria conserveira tras a crise sanitaria declarada pola Axencia Español de Seguridade Alimentaria e Nutrición, que puxo o foco sobre todo o sector por mor dos resultados positivos pola toxina botulínica na análise dunha lata de atún fabricada na compañía Frinsa do Noroeste. Esta situación pon en risco a economía galega, especialmente a da comarca de Barbanza, moi dependente das conserveiras e o marisqueo.
O botulismo é unha enfermidade que se produce pola inxestión de alimentos contaminados coa toxina botulínica, segundo informa a Clínica Universidade de Navarra. A enfermidade caracterízase por provocar secura bucal, náuseas e vómitos, ademais de parálise muscular progresiva, mareos e, en ocasións, problemas respiratorios.