​A Xunta analizou dúas veces a planta de Frinsa tras o brote pero non detectou anomalías

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade realizou unha análise pormenorizada da empresa provedora o pasado 13 de agosto despois de recibir a alerta polo lote de latas de atún presuntamente contaminado. Os resultados da inspección a Frinsa do Noroeste e non rexistraron anomalías no tratamento para as conservas despois de verificar os controis de produción e os procesos de esterilización.


|

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade realizou unha análise pormenorizada da empresa provedora o pasado 13 de agosto despois de recibir a alerta polo lote de latas de atún presuntamente contaminado. Os resultados da inspección a Frinsa do Noroeste e non rexistraron anomalías no tratamento para as conservas despois de verificar os controis de produción e os procesos de esterilización.


Frinsa

Fachada da conserveira Frinsa do Noroeste


Así o comunicou a propia consellería, que tras recibir a primeira notificación por parte da Axencia Española de Seguridade Alimentaria comezou o proceso para solicitar “información complementaria” de forma “inmediata”. Así, sóubose que todo o produto investigado foi fornecido exclusivamente a DIA e non a outras marcas distribuidoras.

De forma paralela desde a Xunta mantívose "contacto permanente" coa comunidade autónoma de Castela e León co fin de "avaliar a trazabilidad dos restantes produtos empregados no menú que supostamente causou esta intoxicación puntual".


NOVA INSPECCIÓN ESTA MAÑÁ

Esta mesma mañá a empresa conserveira foi sometida a unha nova inspección “complementaria” tras recibir a confirmación da presenza da toxina na mostra do produto empregado no prato que causou a indisposición dos afectados. "Esta visita á industria de hoxe pola mañá tivo por obxecto verificar o mantemento preventivo ao que se somete o autoclave no que se elaborou o lote identificado previamente", explican desde Sanidade.


Previamente, a empresa xa fora sometida a unha inspección o pasado 13 de agosto. Con todo, Sanidade solicitou a Frinsa un novo estudo de distribución de temperatura e test de penetración da calor do autoclave implicado, co obxectivo de verificar "o correcto funcionamento do mesmo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE