Morre un veciño de Moeche no incendio na súa vivenda provocado por unha manta eléctrica
A vítima é un octoxenario residente na parroquia de Labacengos, no municipio coruñés de Moeche.
Un octoxenario perdeu a vida na parroquia de Labacengos, no municipio coruñés de Moeche tras un incendio na súa vivenda orixinado nunha manta eléctrica.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 11.40 horas deste domingo e foi un familiar do falecido o que deu a voz de alarma tras acudir á vivenda e advertía da posibilidade de que o octoxenario estivese no interior do inmoble.
Os Bombeiros do Eume, desprazados até o punto, detallaron que o incendio comezou nunha manta eléctrica que prendeu lume no colchón e afectou á estancia na que estaba a vítima.
No operativo tamén participaron os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Ortigueira e a Garda Civil.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención localizaron a estancia afectada polo fume e só puideron confirmar o falecemento do home.
Escribe o teu comentario