Os países pertencentes ao espazo Schengen serán os máis beneficiados desta reapertura de fronteiras. Con todo, aínda non está claro que outros países poderán beneficiarse deste levantamento das barreiras fronteirizas, o que provocou certa inquietude nos países máis golpeados pola pandemia, medorentos de novos brotes.
A coruñesa será proposta para liderar o organismo, unha responsabilidade que, en palabras de Sánchez, "nunca exerceu España e que tampouco desempeñou antes unha muller". O Goberno conta co resapldo de PP, Cidadáns e Vox para a candidatura da vicepresidenta.
Unha aposta pola de ortodoxia económica que tería a súa continuación en novos tratados que asinaron en pedra deberes austericidas para todos os estados da UEM. Así, coa aprobación dos MEDE e ECG e as reformas constitucionais oportunas, os estados da UEM comprometéronse a que o control dos déficits e o pago das débedas públicas tivesen prioridade sobre calquera outro obxectivo macroeconómico.
A pandemia non é só un tema de España, non, é de todo o mundo e cada un mira o lado que lle interesa pola proximidade.
O primeiro ministro británico, forzado a tomar medidas preventivas despois do ascenso no número de casos, dá positivo na proba do coronavirus.
Ten mandangas que sexa o Primeiro Ministro de Portugal o que diga que o discurso dos holandeses sobre a España do coronavirus é repugnante.
Bruxelas propuxo a suspensión temporal da aplicación o Pacto de Estabilidade e Comercio. Isto significa que as regras ás que se someten os países da Unión en materia de fiscalidade comunitaria quedan temporalmente anuladas, o que abre a porta a que os gobernos poidan elevar o seu gasto público.
Encorsetada nuns ríxidos tratados que xa mostraron a súa inadecuación para superar primeiro a crise financeira do 2008 e logo a posterior recesión, a Unión Europea segue sen dar os pasos necesarios cara a ser quen de actuar como unha auténtica unión para así facer fronte con garantías tanto a reto do coronavirus como á nova crise que se nos vén encima e que acelera o seu impacto por mor da pandemia. Unha actuación cada día máis urxente se quere seguir sendo unha unión e con peso na actual economía mundo capitalista.
Un país soberano engrandece a súa historia cando se ve ameazado e os seus dirixentes asumen as súas responsabilidades ante os seus cidadáns.
O pleno do Parlamento Europeo ha dado este mércores o seu visto e prace á cuarta lista de proxectos enerxéticos prioritarios que poden recibir fondos comunitarios para a súa construción, entre os que se atopa a interconexión eléctrica entre Galicia e Portugal.
Bruxelas retira finalmente o dereito de Oriol Junqueras a ser eurodeputado despois de que o Tribunal Supremo puxese sobre aviso ao organismo continental das consecuencias da súa condena en firme polo Procés, entre as que está a súa inhabilitación para asumir ese cargo.
A lista completa de produtos que pagarán un arancel dentro de dúas semanas, que se pode descargar máis abaixo, inclúe polo menos tres produtos con importancia na economía primaria galega: algúns mariscos e produtos do mar, produtos derivados do leite e licores. Un sindicato agrario reclama á UE unha resposta contudente.
A pesar da prohibición do político italiano para a entrada do buque dentro das augas do país transalpino, o barco de ‘Open Arms’, con preto dun centenar e medio de migrantes a bordo, está fondeado preto da península itálica.
A repartición de poder aprobado supón que Alemaña, co apoio dos seus satélites (Austria, Finlandia, Países Baixos), e Francia seguen controlando os auténticos poderes lexislativo e executivo europeos
O presidente en funcións, Pedro Sánchez, ceou a noite do venres con cinco líderes europeos encargados de iniciar as negociacións.
Barcelona e Madrid foron, esta vez, as estrelas da pelexa estelar entre un socialismo moi táctico e as súas dúas bestas negras: a dereita popular cos seus dous apéndices e, por suposto, o independentismo.
A premonición preelectoral de que os euroescépticos xenófobos, populistas, ultranacionalistas (con e sen estado) ou os parafascistas de extrema dereita poñerían en almoneda á UE non se materializou.
Nicolás González Casares e Francisco José Ricardo Millán Mon, polo PSOE e polo PP respectivamente, serán os presentantes da comunidade en Europa, onde non estará Lídia Senra e onde Ana Miranda aínda podería alcanzar un escano.
Como segunda forza quedarí o Partido opular, con entre 11 ou 12 escanos.