A organización Erguer. Estudantes dá Galiza convoca unha folga en todos os niveis educativos para denunciar o que considera un desmantelamento sistemático da escola e a universidade públicas en Galicia, nun contexto de expansión da oferta privada.
Os alumnos galegos están chamados mañá, martes 25 de abril, a secundar as protestas alentadas por 'Erguer. Estudantes da Galiza'.
As manifestacións comezarán na Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo ás 12.00h, do mesmo xeito que as concentracións que se levarán a cabo en Boiro Bueu, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Moaña e Ribeira.
Advirten de que "non ten sentido" propoñer un pacto "de costas á comunidade educativa" para sacar adiante unha Lomce "maquillada".
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e a asociación estudantil Erguer! acompañan os paros con concentracións convocadas para o mediodía e as sete da tarde.