Xornada de folga para presionar pola "derrogación total da LOMCE"

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e a asociación estudantil Erguer! acompañan os paros con concentracións convocadas para o mediodía e as sete da tarde.


|


ManifestaciocontraLOMCEsantiago 1


A xornada de folga deste xoves, convocada pola asociación estudantil Erguer! para o ensino medio e universitario, estará acompañada por mobilizacións nun total de 16 localidades galegas. A estas concentracións, que terán lugar ás 12,00 horas, seguiranlle outras ás 19,00 horas, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP).


Así o confirmou a portavoz da asociación estudantil, Iria Figueroa, quen explicou que "aínda que as reválidas fosen aprazadas", continuarán coas mobilizacións ata lograr a "derrogación total da LOMCE".


En canto á folga na educación universitaria, Figueroa sinalou que protestarán contra a "aplicación do decreto '3+2'". Este, segundo comentou a portavoz de Erguer! en relación a unha proposta presentada pola Confederación Estatal de Reitores ao Ministerio de Educación, podería comezar a aplicarse o próximo curso nos graos de nova creación e "gradualmente estenderse ao conxunto do sistema universitario".


Figueroa afirmou que se trata dun feito "inadmisible" posto que este decreto, impulsado polo ex ministro José Ignacio Wert, conta coa "oposición frontal" do estudantado.


Pola súa banda, o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, reiterou a súa oposición ao chamado 'pacto pola educación'. O tamén secretario nacional da CIG-Ensino criticou que se pretende "maquillar" os valores da LOMCE, de tal forma que se poida "presentar socialmente" sen "poñer en cuestión os principios nos que se fundamenta".


LEI GALEGA DE EDUCACIÓN


Neste sentido, o que defende a plataforma é que "calquera acordo educativo parta, como mínimo, dun amplo debate social", no que "todas as organizacións e entidades" participen.


Ademais, Louzao esixiu que o Goberno autonómico elabore unha "lei galega de educación que dea resposta a todas as demandas da sociedade". Finalmente, o líder sindical repetiu o seu compromiso por un sistema de ensino "galego, público, laico e coeducativo".

relacionada A CIG e A Mesa alertan á Xunta de que o decreto do plurilingüismo e a LOMCE chocan
relacionada A Plataforma en Defensa do Ensino Público chama á folga o 9 de marzo
relacionada Folga xeral educativa o 9 de marzo contra a LOMCE e por un pacto "social"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE