A Plataforma en Defensa do Ensino Público chama á folga o 9 de marzo

Reclaman unha "lei educativa de consenso", ao considerar ue o Goberno está a poñer "trabas" a acabar coa LOMCE


|


ManifestaciocontraLOMCEsantiago

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia emitiu este mércores un comunicado no que chama a toda a comunidade educativa a ir á folga o próximo 9 de marzo, unha convocatoria de paro tamén realizada a nivel nacional desde a Plataforma Estatal pola Defensa da Escola Pública.


A Plataforma, da que forman parte as organizacións Confapa Galicia, FE-CC.OO. de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, Escola Viva, IESGA e STEG; fixeron un chamamento á folga a toda a comunidade educativa para reclamar "unha lei educativa de consenso".


Segundo indicaron as entidades, o Goberno estatal está "a poñer todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe coa LOMCE". "En primeiro lugar, a subcomisión parlamentaria, que ten unha vixencia de seis meses, leva paralizada xa máis de dous; ademais, modificou o seu obxectivo, que xa non será configurar unha nova lei senón un documento sobre a estratexia 2020, que quizais sirva para unha nova lei, ou non", critican os sindicatos.


Simultaneamente, denunciaron, o Executivo acordou " acudir ao Tribunal Constitucional para tentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da LOMCE, opoñéndose á vontade da comunidade educativa de derrogar" esta norma.


Para a plataforma, o Goberno "actúa desprezando á comunidade educativa e ao poder lexislativo" tanto nesta cuestión como na orzamentaria, cun "escaso incremento das partidas dedicadas a educación".


"Semellante forma de proceder non pode quedar sen resposta. A loita debe seguir realizándose en todos os niveis e por todos os integrantes da comunidade educativa", dixo a plataforma, que volveu a esixir a derrogación da LOMCE e a apertura do "diálogo" co sector para configurar unha "nova lei consensuada política e socialmente".

relacionada A Mesa e CIG-Ensino presionan para tombar o decreto do plurilingüismo
relacionada Folga xeral educativa o 9 de marzo contra a LOMCE e por un pacto "social"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE