A Mesa e CIG-Ensino presionan para tombar o decreto do plurilingüismo

Critican que a LOMCE xunto á norma autonómica provocan a "exclusión do galego". O conselleiro, en cambio, defende que "está a cumprir" o seu propósito.


|

Claseuniversidad


A CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística esixiron un novo marco xurídico que termine "coa actual exclusión do galego" nas aulas a consecuencia da aplicación da LOMCE e do decreto do plurilingüismo.


Segundo explicou o sindicato nacionalista, unhas 50 persoas acudiron este mércores ás dependencias de Política Lingüística en Santiago de Compostela para "conseguir unha reunión" co secretario xeral, Valentín García, e "o compromiso de ser recibidos" polo conselleiro do ramo, Román Rodríguez.


A CIG destacou que este "peche" terminou xa esta mesma mañá tras ser recibidos por Valentín García. "O secretario xeral recoñeceu implicitamente que a situación do galego é, efectivamente, unha situación ilegal e irregular, na medida en que, neste momento, a exclusión e marxinación do galego é total, como consecuencia da aplicación da LOMCE", sacou como conclusión o responsable da CIG-Ensino, Anxo Louzao.


Neste sentido, Louzao sinalou que o titular de Política Lingüística lles trasladou que "se estaba preparando unha circular para adaptar o decreto de plurilingüismo á LOMCE". "Desde A Mesa e desde a CIG-Ensino deixamos claro que isto é totalmente insuficiente e que a única saída é derrogar este decreto e abrir un debate dirixido a elaborar outra norma coa que se camiñe cara á plena normalización lingüística", manifestou.


Ademais, indicou que solicitaron unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para trasladarlles as súas propostas. A este respecto, apuntou que conseguiron "ser citados o 15, 16 ou 17 de febreiro". Este extremo foi confirmado polo departamento autonómico, que explicou que si terá lugar este encontro para o que aínda non hai unha data fixa establecida.


POSTURA DO CONSELLEIRO


Pola súa banda, preguntado respecto diso nun acto en Rianxo (A Coruña), Román Rodríguez asegurou que "se demostrou socialmente e xuridicamente" que o decreto é "absolutamente viable" e que posibilita que, "partindo dun equilibrio lingüístico", todos os galegos teñan "un maior coñecemento" tanto "a nivel oral como escrito" da lingua galega.


"En principio parécenos unha medida de presión que quizais non sexa a máis adecuada e sempre temos que apostar polo diálogo e por entendernos entre nós", sinalou sobre a protesta levada a cabo este mércores pola CIG e A Mesa.


Neste sentido, insistiu en que este decreto "está a cumprir a súa folla de ruta que é garantir o coñecemento pleno a todos os estudantes do sistema educativo". "E iso estase cumprindo sen ningún tipo de problema", apuntou.

relacionada Os dominios .gal celebran as Letras Galegas rebaixando os seus prezos
relacionada A biblioteca Ánxel Casal lanza un concurso de cartas de amor en galego por San Valentín
relacionada A AELG propón celebrar un Sant Jordi galego o Día de Rosalía

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE