Vídeos: Estudantes ocupan a sede de IESIDE en Vigo (Abanca) contra a privatización da universidade (vídeos)

A organización estudantil Erguer realizou este venres unha ocupación simbólica do edificio do Instituto de Formación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), da obra social de Abanca, na Avenida de Madrid de Vigo, como acto protesta contra o modelo de universidade privada.

|

Non é a primeira protesta contra o intento de aprobar unha universidade privada en Galicia, pero si a primeira ocupación dunha sede do promotor 


Os manifestantes son membros de Erguer, colectivo xuvenil que forma parte de a Plataforma en  Defensa da Universidade Pública. Un dos seus portavoces denunciou o luns en Galiciapress que “a Xunta limita graos no pública pero si abre os privados de Abanca".


Membros de Erguer Galiza protestando na sede de IESIDE Afundaciu00f3n Abanca en Vigo nunha foto das súas redes sociais

Membros de Erguer Galiza protestando na sede de IESIDE-Afundación-Abanca en Vigo nunha foto das súas redes sociais 


A organización estudantil Erguer realizou este venres unha ocupación simbólica do edificio do Instituto de Formación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), da obra social de Abanca, na Avenida de Madrid de Vigo, como acto protesta contra o modelo de universidade privada.


Segundo informou a propia organización, esta acción enmárcase dentro da campaña contra o proxecto de lei presentado pola Xunta e que permitirá a Abanca a creación da Universidade Intercontinental da Empresa.


O ente sería a primeira universidade privada con todas as da lei en Galicia. Xa hai centros universitarios privados no país, pero expiden títulos doutras universidades, caso da coruñesa CESUGA (que expide títulos dunha universidade privada de Zaragoza) ou do Máster MBA de Afundación-Abanca, vinculado fai lustros á Universidade de Vigo.

Membros de Erguer entraron no edificio e entregaron unha carta dirixida ao director do centro, na que sinalan que esta universidade privada "non nace para liquidar unha demanda social", xa as tres universidades públicas xa teñen unha "ampla oferta formativa", senón que vai competir "" contra o actual sistema público. "Vemos unha vez máis a tentativa do PP de facer negocio cos dereitos básicos das estudantes, como é o acceso a unha educación pública de calidade, en favor dos intereses da elite social máis favorecida".










Segundo denunciaron, a universidade pública está en situación de "precariedade", agravada por "a falta de financiamento por parte da Xunta, a escasa oferta de bolsas, a prohibición de aumentar prazas nos graos, etc.". Se a isto súmase a competencia desa nova universidade e a "fuga" do capital privado a ese tipo de proxectos, facilitarase a "eliminación" dos graos con menor demanda "e mesmo de campus universitarios".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE