Dous "independentistas" detidos por ataques a caixeiros tras ser pillados 'in fraganti'

'Erguer!' mostra a súa solidariedade cos detidos, un deles membro da asociación estudantil, e esixe a absolución

|

Un colectivo de estudantes nacionalistas mostra a súa "solidariedad cos compañeiros". Segundo a Policía, atacaban bancos lanzándolles tapas de sumidoiro


Dous mozos foron detidos por un dispositivo da Policía Nacional que investigaba unha serie de ataques contra propiedades privadas en Santiago, a maioría entidades bancarias, rexistrados durante os últimos meses, e provocando danos por máis de 30.000 euros.



Comisaria Santiago

Comisaría da Policía Nacional en Santiago


Ambos están vinculados co movemento independentista galego e a asociación de estudantes 'Erguer!' emitiu un comunicado de apoio aos detidos (un deles membro deste sindicato), que están en liberdade con cargos, no que esixe a absolución de todos os cargos.


RELATO POLICIAL

Segundo informa a Policía Nacional, a maioría dos actos vandálicos estaban dirixidos contra entidades bancarias como parte de "unha campaña de sabotaxes que se iniciou meses atrás". As actuacións están ao cargo do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela e a operación continúa aberta, polo que non se descartan novas detencións.


Os arrestados utilizaban tapas de sumidoiro que aprehendían no lugar dos feitos para despois golpear con elas diversas propiedades, na súa maioría caixeiros automáticos, deixándoos inservibles e con importantes danos. Todos os ataques producíanse a altas horas da madrugada e preto de locais de lecer da localidade.


A Policía centrou ao investigación nun dos detidos como posible autor dos feitos, dado que residía preto dunha das sucursais máis afectadas e puideron contrastar que vestía pezas de roupa idénticas ás do autor dos danos, cuxo rostro se cubría sempre durante os ataques.


SORPRENDIDOS CANDO PREPARABAN OUTRO ATAQUE

"Desde ese momento estableceuse un dispositivo de vixilancia que permitiu a súa detención 'in fraganti' e a doutra persoa, cando ambos se dirixían a causar danos a un caixeiro automático que xa fora obxecto de ataque en tres ocasiones anteriores", indica.


Segundo engade a Policía Nacional, os mozos foron arrestados cando se ían a cubrir os rostros e dispoñíanse a aprehender un sumidoiro do lugar para golpear con ela a máquina de dispensar diñeiro. O labor do outro detido era vixiar mentres se producía o ataque para avisar en caso de detectar a presenza da Policía.


COMUNICADO DE APOIO

A asociación 'Erguer!' criticou as detencións, producidas na madrugada do domingo, dos dous militantes independentistas e trasladou a súa "total solidariedade" aos mozos. "Novas vítimas da represión española que tan ben coñecemos na nosa organización", engadiron.


Neste sentido, esixiron a "absolución" dos mozos e o "fin da represión" contra o independentismo galego, defendendo que "a súa loita é a de todo o pobo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE