As estudantes saen de novo á rúa: "Seguimos estancados na universidade do século XX"

As manifestacións comezarán na Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo ás 12.00h, do mesmo xeito que as concentracións que se levarán a cabo en Boiro Bueu, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Moaña e Ribeira.


|


Erguerpraterias


O xoves 19 de abril o estudantado galego sae de novo á rúa en contra da LOMCE en 13 municipios galegos. As manifestacións comezarán na Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo ás 12.00h, do mesmo xeito que as concentracións que se levarán a cabo en Boiro Bueu, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Moaña e Ribeira. 


Iria Figueroa, do Consello nacional de Erguer. Estudantes dá Galiza, cualifica a situación actual do estudantado como "absolutamente precaria". "Provócanos precariedade tanto no acceso á educación como na continuidade na mesma", engade. 


Erguer, que xunto a outras organizacións estudantís secunda esta folga convocada nas Asembleas Abertas do estudantado que se levaron a cabo por todo o país, critica a aplicación da LOMCE no ensino secundario. Segundo Figueroa, a posta en marcha da lei fíxose dunha forma totalmente "trapalleira". "En segundo de Bacharelato teñen as probas de acceso á universidade en xuño e fixeron cambios nas ponderacións, nas materias que se poden avaliar e de que maneira, e mesmo dos modelos de exame ata o pasado mes". A representante estudantil fala de "unha marxe que resulta escandalosa".


Pero á manifestación non só están chamadas as estudantes de educación secundaria e bacharelato. "Cunha grande marxe desde que se empezou a aplicar o Plan Bolonia, podemos analizalo como un gran fracaso". A representante de Erguer critica o deficiente cambio do plan: "supuxo un cambio a nivel de asistencia e clases prácticas, pero non houbo unha necesaria adaptación de contidos e dos medios de impartir as materias". "Seguimos estancados na universidade do século XX, por tanto [o Plan Bolonia] é totalmente deficitario", coclúe.


"POR UNHA LEI GALEGA DE EDUCACIÓN"

A organización estudantil, baseada en asembleas abertas e que aúna aos colectivos Agir, Comités e Liga Estudantil Galega, camiñará baixo o lema "Nin LOMCE nin pacto entre elites, por unha Lei Galega de Educación". Figueroa declara que xa comezaron as negociacións do "movemento estudantil plural" cos grupos parlamentarios e reitorado para levar a cabo a elaboración desta lei. 


Piden unha lexislación que conte coa voz do estudantado, profesorado, persoal dos centros e familias, para alcanzar unha ensino "pedagóxico, feminista, democrática, pública e de calidade"


Convocatoria folga educativa Erguer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE