"Case a metade da poboación española está en condicións de ter a partir do luns as medidas correspondentes da Fase 1", revelou o ministro despois da reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
A Xunta publica unha listaxe coas entidades de poboación rural que escapan do horario regulado da corentena por coronavirus, ao ter menos de 5.000 habitantes e estar en concellos de máis de 5.000 habitantes.
A área sanitaria de Vigo confirmou hoxe 84 novos casos, o seu maior aumento desde o 30 de marzo, fai cinco semanas. A pesar deste sorprendente dato, a Consellería Sanidade solicita ao Ministerio que todas as áreas sanitarias de Galicia pasen a seguinte fase do desconfinamiento. A Xunta insiste que non ha de realizarse por provincias, senón por áreas sanitarias.
O Ministro de Sanidade establece horarios diferentes para facer deporte, o paseo de persoas dependentes e a saída de menores de 14 anos. O obxectivo é evitar as previsibles aglomeracións nas cidades. En municipios de menos de 5.000 habitantes non se aplicarán ningunha destas franxas.
Feijóo reclama a Sánchez que o levantamento por corentenas non se faga por provincias, senón por áreas sanitarias. "Non ten sentido que un señor de Padrón poida ir a Ortigueira, pero non a Pontecesures", argumenta. Pedro Sánchez indicou onte que se desconfinará por provincias, pero deixo a porta aberta a que se faga por unidades máis pequenas se as autonomías argumentan ben as súas razóns.
Será o Ministerio de Sanidade o que decida cada quince días que territorios poden pasar a unha fase menos dura, adianta Pedro Sánchez. O presidente do Goberno explica que a partir do 4 de maio empeza a fase 0 en toda España, salvo nalgunhas illas que van directamente á fase 1 por ter moi poucos contagios.
O Goberno decidiu finalmente que sexan os menores de 0 a 13 anos os que poidan gozar desde mañá dun paseo diario ao día dunha hora de duración e nun radio dun quilómetro da súa casa, acompañados dun adulto, que poderá saír con ata 3 nenos. Así o especifica a orde do Ministerio de Sanidade que regula esta medida.